Xunta de Galicia

Manuel Pardo destaca a piscina de Boborás como un elemento que mellora da calidade de vida da veciñanza

Manuel Pardo destaca a piscina de Boborás como un elemento que mellora da calidade de vida da veciñanza

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O delegado territorial sinalou que a colaboración entre a Xunta de Galicia e o concello de Boborás permitiu dotar a este municipio ourensán da súa primeira piscina pública municipal grazas ao acordo asinado en 2022 dentro do Plan Hurbe

As instalacións supuxeron un investimento de 650.000?; a Administración autonómica asumiu o 70 % do custo da nova piscina e o concello de Boborás, o 30 % restante

Manuel Pardo destacou a importancia que teñen para os concellos determinados proxectos urbanísticos polo seu papel dinamizador e para o desenvolvemento social e cultural da contorna

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado da alcaldesa, Patricia Torres, e da vicepresidenta Primeira da Deputación Provincial, Marta Nóvoa, desprazouse esta mañá ao concello de Boborás para participar na inauguración da piscina municipal; “que dá cumprimento a unha vella demanda veciñal e sirve de exemplo de dinamización e de oportunidades aos concellos do interior da provincia”, mantivo Manuel Pardo.O delegado territorial sinalou que a colaboración entre a Xunta de Galicia e o concello de Boborás permitiu dotar a este municipio ourensán da súa primeira piscina pública municipal grazas ao acordo asinado en 2022 entre a Xunta e o Goberno municipal no marco do chamado Plan Hurbe.Así, cun investimento comprometido en virtude do referido convenio de máis de 650.000 euros, a Administración autonómica asume o 70 % do custo da nova piscina e o concello de Boborás, o 30 % restante.As instalacións deportivas ocupan unha parcela de 13.506 metros cadrados, destinada antes a campo de fútbol, e constan de 2 vasos de auga (un para adultos e outro para nenos) cunha zona de praia en formigón armado e con tratamento especial para evitar esvarar. Así mesmo, tamén se construíu unha edificación anexa para ofrecer servizo de bar, con área de vestiarios e enfermería e un cuarto para instalacións diversas e almacén.Manuel Pardo destacou a importancia que teñen para os concellos determinados proxectos urbanísticos pola súa incidencia na mellora da calidade de vida da veciñanza, e resaltou que os equipamentos urbanos desempeñan tamén un papel fundamental como factor dinamizador para o desenvolvemento social e cultural e se converten, á vez, en elementos estruturais da contorna.Neste sentido, lembrou que grazas aos acordos de cooperación asinados no marco do Plan Hurbe desde o ano 2010 se executaron ou comprometeron un total de 165 actuacións urbanísticas na provincia de Ourense, co obxectivo común de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor contornas urbanas e núcleos rurais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados