Xunta de Galicia

O matadoiro móbil da Consellería do Medio Rural visitou xa preto de medio cento de concellos galegos desde a súa posta en marcha a finais de xaneiro

O matadoiro móbil da Consellería do Medio Rural visitou xa preto de medio cento de concellos galegos desde a súa posta en marcha a finais de xaneiro

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A maior parte dos municipios visitados corresponden ás provincias de Lugo e Ourense

En total, nestes sete meses a unidade móbil ofreceu preto de 120 servizos a máis de 70 explotacións

As previsións para o que queda de mes de agosto indican que o matadoiro se desprazará a outros seis concellos das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra

Esta iniciativa, pioneira en toda España, espertou interese noutras comunidades autónomas, como son as de Asturias, Baleares, Cantabria, Castela e León e Estremadura, así como tamén en Portugal

O matadoiro móbil da Consellería do Medio Rural visitou xa preto de medio cento de concellos de toda Galicia dende a súa posta en marcha a finais de xaneiro pasado ata o día 9 de agosto. Destes municipios, preto do 64% corresponden ás provincias de Lugo e Ourense.Así, na primeira destas provincias visitáronse 14 concellos e na ourensá 16 en total. Na da Coruña, esta unidade móbil percorreu nove entidades locais e na de Pontevedra oito. En total, nestes sete meses o matadoiro ofreceu preto de 120 servizos a máis de 70 explotacións. As previsións para o que queda de mes de agosto indican que o matadoiro se desprazará a outros seis concellos (tres de Lugo, dous de Pontevedra e un de Ourense). En concreto, ten previsto visitar O Saviñao, Quiroga e Castro de Rei, na provincia luguesa; Lalín e Crecente, na de Pontevedra e Boborás, na de Ourense.O cómputo total de animais sacrificados desde a posta en marcha deste servizo no conxunto de Galicia achégase aos 700. Máis do 90% deles corresponde a gando ovino e cabrún, e o 10% restante a porcino. Estes son os tres tipos de gando susceptibles de seren sacrificados mediante este servizo público.Esta iniciativa do matadoiro móbil, pioneira en toda España, espertou interese noutras comunidades autónomas, como son as de Asturias, Baleares, Cantabria, Castela e León e Estremadura, así como tamén en Portugal. Desde todos estes territorios pediuse información á Consellería do Medio Rural, para valorar a posibilidade de replicar o servizo.Cómpre lembrar que esta prestación realízase a demanda dos gandeiros interesados, na maior parte dos casos de zonas de montaña ou afastadas dos matadoiros tradicionais. Así, esta unidade móbil de sacrificio de gando da Consellería do Medio Rural constitúe un servizo de gran utilidade para moitas explotacións gandeiras situadas nesas áreas.O matadoiro móbil permítelles aos gandeiros que o utilizan reducir custos en desprazamentos, xestionar o sacrificio de gando con maior facilidade e mellorar o benestar dos animais, ao reducir o estres do transporte, o que redunda, ademais, nunha maior calidade dos produtos obtidos.A maiores, hai que sinalar que a prestación deste servizo faise a uns prezos moi competitivos para os cidadáns, que van dende os 10 aos 50 euros por animal, e que favorece a filosofía de quilómetro cero na produción de alimentos.O servizo do matadoiro móbil pode solicitarse ou ben no teléfono 982 25 12 01, operativo de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas, ou vía web, a calquera hora do día, mediante a cobertura dun formulario dispoñible na Oficina Virtual de Medio Rural, no enderezo

.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados