Xunta de Galicia

Medio Rural apoia o sector vitivinícola galego e destaca a súa importancia económica, territorial e turística no marco da Festa do Albariño de Cambados

Medio Rural apoia o sector vitivinícola galego e destaca a súa importancia económica, territorial e turística no marco da Festa do Albariño de Cambados

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Iniciativas como a Estratexia de dinamización e axudas específicas para a reestruturación e reconversión de viñedo, promoción do viño en terceiros países e apoio á elaboración e comercialización, favorecen ao sector

Estas actuacións compleméntanse con instrumentos como os polígonos agroforestais, que buscan beneficiar o cultivo de viño coa mobilización de terras

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou hoxe no pregón e inauguración da LXXII Festa do Viño Albariño en Cambados. Neste marco, o Goberno galego salientou o seu apoio ao sector vitivinícola galego e destacou a importancia económica, territorial e turística deste eido.A Festa do Albariño é unha das citas enoturísticas máis destacadas da nosa comunidade, que pon en valor a excelencia dos viños da Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas e que está declarada de Interese Turístico Internacional. Neste sentido, cómpre lembrar que, nas recentes Catas de Galicia 2024, o acio de ouro a mellor viño branco foi para Pazo de Rubianes, inscrito nesta DO. Unha denominación que resalta, pois, pola súa calidade e pola súa popularidade no mercado internacional, sendo a máis exportadora das galegas.Precisamente para apoiar a internacionalización do sector vitivinícola galego, a Xunta xestiona axudas para a promoción do viño en terceiros países. Ademais, a Consellería do Medio Rural tamén promove achegas para a reestruturación e reconversión de viñedo, dotadas no 2024 con 4 millóns de euros, e outras co fin de apoiar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, que contan cun orzamento de 4,5 millóns de euros na última convocatoria.Nesta liña, por parte do Goberno galego tamén se impulsan iniciativas complementarias que repercuten de forma positiva no sector, como a propia Estratexia para a súa dinamización ou as orientadas ao apoio da calidade alimentaria –que favorecen o labor dos consellos reguladores–, os programas de mellora e control e que fomentan a integración dos produtores en réximes de calidade. Por outro lado, instrumentos como os polígonos agroforestais, que se enmarcan dentro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, son especialmente importantes para o sector do viño, que se beneficia da mobilización de terras que estes supoñen.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados