Xunta de Galicia

Medio Rural convoca por primeira vez unha poxa de 56 animais criados no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo os vindeiros 23 e 24 de xullo

Medio Rural convoca por primeira vez unha poxa de 56 animais criados no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo os vindeiros 23 e 24 de xullo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

En concreto, allearanse vacas de raza Rubia Galega destinadas para reprodución, podendo poxarse por animais sen cría ou con cría

A licitación e información dos lotes poden consultarse na web da Axencia Galicia da Calidade Alimentaria e as ofertas presentaranse pola sede electrónica da Xunta, se ben, os interesados poderán facer unha visita os días 22 e 23 deste mes

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), por primeira vez, a convocatoria dunha poxa pública de 56 animais vacúns de raza Rubia Galega criados no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) que terá lugar o 24 de xullo. Esta poxa é posible debido ao gran número de animais cos que se contan neste centro, os cales se queren poñer a disposición dos gandeiros interesados.Os animais polos que se poderán poxar destinaranse para reprodución e hai dous tipos de lotes de poxa, xovencas nadas entre 2021 e 2022 sen cría ou con cría. A licitación e a informacións dos lotes poden consultarse na web da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e as ofertas presentaranse ao longo dos días 23 e 24 de xullo a través da sede electrónica da Xunta.Ademais, os licitadores interesados terán a oportunidade de visitar o CIAM para ver de xeito presencial os animais. Isto desenvolverase nas xornadas do 22 e 23 de xullo no propio centro dependente da Consellería do Medio Rural. A disposición dos interesados está o número de teléfono 881 881 806 para resolver calquera dúbida.O CIAM desenvolve numerosas investigacións, entre as que se atopan aquelas relacionadas coa raza autóctona Rubia Galega e a súa potenciación. Os traballos buscan mellorar a calidade deste gando e favorecer a rendibilidade das explotacións que manexan este tipo de animais.Cómpre destacar que o centro conta cunha finca de máis de 300 hectáreas, das cales 65 se reservan para rabaños de rubia galega, que son dos máis importantes que se conservan ao preservar mellor a súa pureza por non depender de intereses comerciais.Ligazón á resolución no DOG:

.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados