Xunta de Galicia

A recuperación da Ponte Mandrás contribúe a preservar o patrimonio histórico do Camiño ao seu paso pola provincia de Ourense

A recuperación da Ponte Mandrás contribúe a preservar o patrimonio histórico do Camiño ao seu paso pola provincia de Ourense

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Turismo de Galicia investiu preto de 145.000 euros nesta actuación que supuxo recuperar o pavimento primitivo da plataforma deste elemento patrimonial do S.XIII

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles acompañado do delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense, Manuel Pardo, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, supervisaron recentemente as obras executadas de recuperación de Ponte Mandrás, nas que a Xunta investiu preto de 145.0000 euros. Durante a visita, Xosé Merelles puido constatar como a actuación realizada contribúe a preservar o patrimonio histórico do Camiño e garante a seguridade dos peregrinos e usuarios desta infraestrutura.As obras acometidas permiten agora que o usuario ou peregrino poida realizar un itinerario continuo e funcional, ao tempo que se puxo en valor infraestrutura orixinal de paso sobre o leito do río Barbantiño. Deste xeito, procedeuse ao descubrimento do pavimento orixinal, retirando terras e materiais aplicados ou sedimentados ao longo dos anos. Ademais, rehabilitouse o solado existente e modeláronse 30 pezas de nova achega para minimizar as depresións actuais do pavimento.Unha vez realizada a actuación, a rasante resultante foi avalada polos técnicos e arqueólogos da Dirección Xeral de Patrimonio (DXP), que ratificaron a súa recuperación, así como a posta en valor deste elemento patrimonial datado no Século XIII.Ademais, esta actuación permitiu manter e garantir as condicións de acceso e seguridade para quen habitualmente ten que utilizala como paso sobre o río ou para aqueles peregrinos que deciden percorrer a Vía da Prata.Ponte Mandrás está situada no antigo Camiño Real que unía Ourense con Santiago de Compostela e por ela discorre a Vía da Prata. Foi declarada Ben de Interese Cultural con categoría de Monumento Histórico e Zona Arqueolóxica a favor das Pontes Históricas de Galicia en 1991. No que vai de ano, máis de 5.275 peregrinos recorreron xa a Vía da Prata. En 2023, esta ruta foi elixida por 7.965 persoas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados