Xunta de Galicia

Restablécese na súa práctica totalidade a operatividade informática nos hospitais e centros de saúde do Servizo Galego de Saúde sen rexistrar incidencias destacadas

Restablécese na súa práctica totalidade a operatividade informática nos hospitais e centros de saúde do Servizo Galego de Saúde sen rexistrar incidencias destacadas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

6 min lectura

Os servizos informáticos dos centros do Servizo Galego de Saúde foron recuperando a normalidade de xeito progresivo ao longo da mañá, tras o fallo informático provocado pola plataforma de seguridade CrowdStrike, con incidencia mundial

Os sistemas de continxencia dos que dispón a Consellería de Sanidade permitiron garantir a atención urxente en todo momento

Os primeiros servizos en recuperar a normalidade foron a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia–061 e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

Garantiuse a asistencia urxente e prioritaria, se ben algunha prestación se viu retrasada, sobre todo, a primeira hora da mañá

A Consellería de Sanidade agradece a todos os profesionais sanitarios, non sanitarios e informáticos o esforzo extraordinario realizado para manter activa a asistencia

A operatividade informática nos hospitais e centros de saúde do Servizo Galego de Saúde está recuperada na súa práctica totalidade sen que se rexistrasen incidencias destacables a nivel asistencial. Os servizos informáticos da Consellería de Sanidade traballaron desde primeira hora da mañá en coordinación coas distintas áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde para coordinar as estratexias de acción e activar as solucións de continxencia de cara a evitar incidencias salientables na prestación asistencial aos pacientes, como consecuencia do fallo informático provocado pola plataforma de seguridade CrowdStrike, con incidencia mundial.Os sistemas de continxencia dos que dispón o Servizo Galego de Saúde permitiron garantir a atención urxente en todo momento. Dese xeito, foi posible manter a asistencia urxente e prioritaria, se ben algunha prestación se viu retrasada debido ao fallo dos sistemas informáticos, especialmente a primeira hora da mañá. Concretamente, na área sanitaria da Coruña e Cee a incidencia non afectou aos quirófanos nin á actividade das UCI e das Unidades de Reanimación, onde xa se recuperou a normalidade. Tampouco se rexistraron incidencias nas unidades de hospitalización, e tanto os hospitais de día oncohematolóxicos, como as urxencias, como os circuítos asistenciais de farmacia hospitalaria están funcionando correctamente. Tampouco constan incidencias destacables na atención primaria e na receita electrónica. Na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza realizáronse con case total normalidade as intervencións cirúrxicas programadas e urxentes. O traballo nas UCI, nas Unidades de Reanimación e nas unidades de hospitalización está normalizada, ao igual que nos circuítos asistenciais de farmacia hospitalaria e no servizo de urxencias, que foi o primeiro en normalizar a súa actividade. Tamén está normalizado o servizo en atención primaria e en consultas externas. O fallo informático produciu retrasos na actividade dos hospitais de día oncohematolóxicos, dada a incidencia no servizo de farmacia, e tamén nas probas de coagulación e analíticas, se ben os problemas se foron solucionando progresivamente co avance da mañá. Na área sanitaria de Ferrol tamén a actividade dos quirófanos e das Unidades de Reanimación está normalizada, sen que se rexistrasen suspensións da intervencións, nin de consultas, nin de atencións urxentes. Rexistráronse algúns problemas na actividade das UCI e algún retraso nos hospitais de día oncohematolóxicos e nos servizos radiolóxicos, pero mantendo a actividade. Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés a actividade das UCI e da Unidades de reanimación non rexistraron incidencias, como tampouco os quirófanos, onde non se produciron suspensións de intervencións. Os hospitais de día oncohematolóxicos, as unidades de hospitalización e os circuítos asistenciais de farmacia están funcionando con normalidade. Rexistrouse algunha incidencia en urxencias, relacionada coa actividade de raios e de laboratorio, e nos servizos de soporte, ao non poder dispoñer de imaxes nin de resultados das 07,30 ata as 09,30 da mañá.Na área sanitaria de Vigo, os quirófanos non rexistraron suspensións, aínda que a actividade programada e urxente se viu afectada puntualmente pola caída do sistema. Nas UCI e nas Unidades de reanimación estase traballando, con algunha incidencia na monitorización centralizada. Os hospitais de día oncohematolóxicos e o resto de procesos asistenciais manteñen a actividade de posta de tratamento, salvo casos excepcionais. O fallo informático obrigou á suspensión dalgunha consulta. En canto á área sanitaria de Lugo mantívose toda a actividade programada nos quirófanos e tamén a urxente. Tamén as UCI, os hospitais de día, as urxencias e as áreas de hospitalización funcionaron con relativa normalidade, aínda que ao comezo da mañá con maior lentitude. As unidades máis afectadas foron o laboratorio e a área de microbioloxía, aínda que se traballou de forma manual na identificación de mostras e na transmisións de resultados e a actividade estase a recuperar de forma gradual sen maiores complicacións. En canto ás consultas externas non se rexistraron incidencias. En primaria o fallo informático obrigou a aprazar algunha consulta a primeira hora da mañá ao ter dificultades para acceder ao IANUS. Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras realizouse con normalidade a actividade cirúrxica, así como a das UCI e a das Unidades de reanimación. Tamén os hospitais oncohematolóxicos, as unidades de hospitalización e o resto de procesos asistenciais realizáronse con normalidade. O servizo que resultou máis afectado, se ben se foi recuperando ao longo da mañá, foi o do laboratorio. Tampouco se rexistraron incidencias destacables nas consultas e na atención primaria. Os primeiros servizos en restablecerse e recuperar a normalidade foron a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia–061 e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, ADOS, que xa desde as primeiras horas da mañá operaban con normalidade. O Servizo Galego de Saúde e os equipos de todas as áreas sanitarias continúan traballando para restablecer todos os soportes administrativos que se viron afectados e recuperar a total normalidade a actividade. A Consellería de Sanidade agradece a todos os profesionais, sanitarios, non sanitarios e dos servizos informáticos, o esforzo extraordinario realizado para continuar traballando e mantendo a actividade asistencial na sanidade pública sen incidencias notables. A pesar do fallo informático, os centros hospitalarios e de saúde do sistema sanitario público galego funcionaron con relativa normalidade. Proba disto é a actividade rexistrada durante a mañá. Entre as 7 e as 11,30 horas os profesionais sanitarios emitiron 112.719 receitas; producíronse 490.373 accesos á historia clínica IANUS, onde se rexistraron 51.352 anotacións. O número de anotacións realizadas en IANUS en atención hospitalaria nesta franxa horaria acadou as 13.880 e creáronse 5.600 informes. O número de peticións electrónicas de probas de radioloxía na franxa horaria de 7 a 11,30 horas foi de 1.146; as peticións electrónicas a laboratorio desde atención primaria foi de 1.074; e as peticións electrónicas a laboratorio desde atención hospitalaria acadou as 1.463.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados