Xunta de Galicia

Rueda advirte que a saída de Cataluña do réxime común suporía unha perda de recursos de 444 M?

Rueda advirte que a saída de Cataluña do réxime común suporía unha perda de recursos de 444 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Destaca que este acordo “vai ir en prexuízo das facendas autonómicas en todos os casos”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu hoxe que a saída de Cataluña do réxime común, tras o acordo bilateral acadado co Goberno central, suporía para Galicia unha perda de recursos de 444 M?, segundo o cálculo presentado pola Consellería de Facenda e Administración Pública elaborado “desde o punto de vista obxectivo e, polo tanto, contrastable”.O titular do Executivo galego recordou que, tal e como veñen destacando desde varios territorios, este acordo “vai ir en prexuízo das facendas autonómicas en todos os casos”, de aí que hoxe se presentara este informe para avaliar o seu efecto en Galicia.Así, segundo o documento que se avaliou esta mañá no Consello, no caso de que se mantivese o actual modelo de financiamento autonómico, pero sen Cataluña, a Comunidade galega perdería 270 millóns de euros anuais do Fondo de Garantía, que asegura que as CC.AA. con maiores niveis de ingresos contribúan ás que por poboación axustada ingresan menos; e perdería tamén 83 millóns de euros do Fondo de Cooperación.Así mesmo, tal e como se desprende do informe, esta nova situación comprometería tamén as transferencias de financiamento finalistas que reciben as comunidades, como son o financiamento das políticas de emprego e a de dependencia, cuxo impacto suporía para Galicia unha perda de 91 millóns de euros anuais adicionais.En total, o mantemento do actual sistema de financiación pero sen as aportacións de Cataluña implicaría para Galicia unha minoración dos seus recursos en torno aos 444 millóns de euros.Neste sentido, o presidente da Xunta avanzou que “loxicamente, se outras comunidades autónomas, como Madrid ou Baleares, pediran o mesmo, estaríamos falando dunha cantidade moitísimo maior”.Segundo resaltou Rueda, ademais das cifras, o acordo tamén contén “complicacións xurídicas”. Así, incumpriría ata 16 artigos da Constitución Española, especialmente os que consagran os principios de solidariedade interterritorial e a potestade do Estado para garantilos; así como outros que se recollen na LOFCA (Lei Orgánica de Financiamento das Comunidades Autónomas), a norma orgánica que regula as relacións financeiras das comunidades.Esta ruptura afectaría a todas as comunidades, alterando o sistema de financiamento e ás relacións financeiras das CC.AA. entre si e co Estado. Neste sentido, o texto lembra que a reforma do sistema de financiamento debe ser debatida no Consello de Política Fiscal e Financeira nun contexto de multilateralidade.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados