Xunta de Galicia

Rueda destaca a aposta da Xunta por mellorar as infraestruturas para reforzar os servizos a veciños e turistas

Rueda destaca a aposta da Xunta por mellorar as infraestruturas para reforzar os servizos a veciños e turistas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Salienta as actuacións realizadas en Sanxenxo, “un dos concellos turísticos máis importantes de toda España”

Asegura que estas obras de humanización permiten “ordenar o tráfico, fomentar hábitos saudables e facer o percorrido máis agradable”

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, salientou hoxe o compromiso da Xunta con renovar e ampliar as infraestruturas da comunidade para mellorar os servizos a disposición de veciños e turistas. Durante unha visita as obras de humanización da estrada PO–308 á altura de Portonovo, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou que Sanxenxo é “un dos concellos máis importantes de España” a nivel turístico e a importancia destas actuacións que contribúen a mellorar “a travesía entre O Grove e Pontevedra” con melloras que “fomentan os hábitos saudables, permiten ordenar o tráfico” e fan este percorrido “mais agradable”.A intervención na PO–308 en Portonovo levouse a cabo nun tramo de preto dun quilómetro entre o mercado e o cruce da Perla e investíronse 2,3M?, dos que o 70% foi asumido pola Xunta e o 30% polo Concello de Sanxenxo. Delimitáronse os espazos mediante pavimentación da zona de peóns, zona de tráfico e zona de aparcamento.Renováronse e ampliáronse as beirarrúas para dotalas de maior accesibilidade e para reforzar a seguridade viaria, calmando o tráfico, e habilitáronse tres novas glorietas. Ademais, a actuación incluíu os traballos de renovación de redes de abastecemento, saneamento e pluviais e alumeado público, a canalización subterránea para telefonía e electricidade que substituíu os tendidos aéreos e dispúxose unha nova sinalización horizontal e vertical. A PO–308 vén sendo obxecto de importantes investimentos da Xunta dentro do seu obxectivo de manter a rede viaria autonómica nas mellores condicións, entre eles os itinerarios peonís e ciclistas de Portonovo á Lanzada, cun investimento de máis de 7M? ou o de Covelo a Raxó, por 2M, que puxeron á disposición da cidadania 14,8km de sendas.Durante a súa intervención, Rueda salientou as boas previsións do turismo na comunidade para este verán e apostou por seguir “coidando aquelo pola que a xente nos visita” e por fomentar a chegada de novos visitantes “con sentidiño” e promover a desestacionalización do turismo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados