Xunta de Galicia

Rueda destaca a aposta da Xunta por recuperar bens patrimoniais singulares do Camiño de Santiago para dinamizalos e potenciar o atractivo das rutas

Rueda destaca a aposta da Xunta por recuperar bens patrimoniais singulares do Camiño de Santiago para dinamizalos e potenciar o atractivo das rutas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Pon en valor o novo proxecto no faro baionés como un xeito de xerar riqueza no litoral de forma sustentable e que conformará un destino de referencia, con espazo hoteleiro e tamén de restauración

Subliña a importancia deste tipo de iniciativas para ofrecer un turismo responsable e cada vez máis desestacionalizado e diversificado, lembrando que en 2023 acadouse o récord de 7 millóns de viaxeiros

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a aposta do Goberno galego por recuperar elementos patrimoniais singulares que forman parte do Camiño de Santiago, axudando a dinamizalos e tamén a seguir potenciando todo o atractivo das rutas xacobeas.Así o manifestou durante a inauguración das obras de rehabilitación e acondicionamento do Faro Primitivo do Cabo Silleiro, en Baiona, o cal valorou como un xeito de xerar riqueza no litoral de forma sustentable e que conformará un destino de referencia na costa galega. Un exemplo, indicou, da aposta de Galicia pola excelencia turística e pola defensa da súa paisaxe, historia, valores e gastronomía.Neste sentido, e para contribuír a seguir recuperando este tipo de bens, a Xunta puxo en marcha unha liña de axudas para poñelos en valor ?5,3 M?? dentro da súa aposta pola excelencia dun modelo turístico que non deixa de sumar recoñecementos ?311 empresas con Q de Calidade, 42 con S de sustentabilidade e máis de 140 bandeiras azuis?.Rueda subliñou a importancia deste tipo de iniciativas para ofrecer un turismo responsable e tamén cada vez máis desestacionalizado e diversificado, lembrando que en 2023 se bateron todos os récords, con 7 millóns de viaxeiros que elixiron a comunidade.A actuación no Faro Primitivo xa está culminada, o que permitirá ofrecer un espazo de restauración baixo o modelo de Taberna con sabor Atlántico como punto de encontro tanto para os peregrinos do Camiño Portugués da Costa, unha das rutas xacobeas de maior crecemento ?con máis de 44.000 Compostelas entregadas ata o momento?, como para os visitantes que elixen o Val Miñor durante todo o ano.Este proxecto culminarase coa transformación do Faro Principal ou Grande nun hotel de tres plantas e un restaurante.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados