Xunta de Galicia

Rueda destaca a importancia da colaboración público-privada para consolidar Galicia coma unha terra atractiva para investir

Rueda destaca a importancia da colaboración público-privada para consolidar Galicia coma unha terra atractiva para investir

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

“É preciso seguir traballando con sentidiño para ofrecer estabilidade e transmitir que Galicia é unha comunidade acolledora”, resaltou

Salienta o papel dos galegos do exterior no futuro da comunidade autónoma e aposta por seguir impulsando as políticas de retorno

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia da colaboración entre a administración pública e o sector privado para consolidar entre todos unha Galicia cada vez máis atractiva para investir. “É preciso seguir traballando con sentidiño, con seguridade xurídica para ofrecer estabilidade e transmitir cara a fora que Galicia é unha terra acolledora”, indicou.Así o sinalou hoxe durante a súa participación na VIII Romaría internacional de Abanca, que reúne a un gran número dos seus clientes non residentes e onde agradeceu o compromiso da Galicia exterior, que ten contribuído ao progreso da comunidade autónoma “ao non esquecer nunca” as súas orixes á vez que están plenamente “integrados” nos lugares de destino. “Os galegos temos unha esencia, unha identidade que nos distingue para ben e que é unha importante vantaxe se o sabemos aproveitar”, resaltou.Rueda lembrou que Galicia é agora “unha terra de acollida” na que a Xunta traballa tanto para dar impulso a iniciativas industriais viables coma para favorecer o retorno de todos aqueles galegos que queiran realizar aquí o seu proxecto de vida a través da Estratexia Galicia Retorna 2023–2026, que inclúe máis de 100 medidas.O Goberno galego conta con diferentes iniciativas para apoiar ás empresas que queren investir na comunidade como a Oficina Económica de Galicia; a axilización, co compromiso de tramitar en menos dun ano os proxectos de máis envergadura; o fondo público–privado que se impulsará cun capital de 300 millóns de euros; ou o solo industrial a custe cero durante os primeiros 8 anos, unha das medidas comprometidas e cumpridas para os primeiros 100 días de Goberno.E para facilitar o retorno dos galegos no exterior, ofrécense axudas ao emprendemento; Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para galegos de alta cualificación; unha rede de oficinas de asesoramento; traballos de calidade en orixe, a través do programa Retorna Cualifica Emprego; e tamén se impulsarán feiras de emprego inicialmente na Arxentina e no Uruguai para que as empresas poidan contratar directamente alí.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados