Xunta de Galicia

Rueda destaca que a Xunta reforza a protección do patrimonio natural coa renovación da frota de vehículos dos axentes medioambientais

Rueda destaca que a Xunta reforza a protección do patrimonio natural coa renovación da frota de vehículos dos axentes medioambientais

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O obxectivo é dotar ao persoal de recursos máis modernos, seguros e sostibles

Salienta a importancia de coidar o medio natural, “un tesouro insubstituíble” que xa é o principal atractivo para os turistas que visitan Galicia

O 42% do territorio galego está baixo algún tipo de protección pola súa singularidade ou biodiversidade

A Xunta destinou nos últimos cinco anos 195 M? a melloras en zonas protexidas

Galicia é pioneira na posta en marcha dunha brigada especializada na investigación de delitos medioambientais

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Goberno autonómico coa protección do patrimonio natural mediante a renovación do parque móbil dos axentes medioambientais que traballan na comunidade. “Temos un servizo de vixilancia ambiental do que estar orgulloso e un medio ambiente que temos que coidar porque é un tesouro insubstituíble e a envexa de moitos lugares”, salientou. Durante o acto de entrega de 48 novos vehículos en Santiago de Compostela, Rueda salientou o labor que levan a cabo os 165 traballadores dos servizos provinciais de Patrimonio Natural e dos Centros de recuperación de fauna silvestre de Galicia –axentes ambientais, vixilantes de recursos naturais, brigadas de traballo e membros da Unidade de Investigación para a Conservación da Natureza– á hora de protexer e conservar a biodiversidade da comunidade. Nesta liña, salientou que Galicia conta cun medio natural “magnífico e incomparable” que xa é un dos principais atractivos para os turistas que visitan a comunidade. Por iso, incidiu en que a Xunta “é a primeira interesada” en dotar aos axentes medioambientais “dos recursos, a formación e as capacidades” necesarias para desenvolver o mellor posible o seu traballo diario.Acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, o presidente asistiu á presentación dos 48 novos vehículos: 28 camionetas estilo pick–up; 14 coches SUV 4x4 e seis furgonetas adaptadas ás necesidades do persoal dos centros de recuperación de fauna silvestre. O obxectivo da Xunta é dotar aos traballadores dun parque móbil máis moderno, seguro e sostible. Coa entrega deste medio centenar de vehículos, o Goberno galego finaliza a renovación dos vehículos para axentes ambientais, iniciada no 2018. O último investimento foi de 2,6 millóns de euros para adquirir 108 vehículos: 60 xa en funcionamento desde hai meses e os 48 hoxe entregados. O 42% do territorio galego conta con algún nivel de protección pola súa singularidade e biodiversidade a través de figuras como monumentos naturais, reservas da biosfera, zonas de especial conservación, humidais protexidos ou parques naturais.Por iso, a conservación e protección da natureza e a biodiversidade é unha prioridade para o Goberno autonómico desde hai anos. Entre as medidas levadas a cabo está os avances a nivel normativo –coa Lei de patrimonio natural e os plans reitores dos parques naturais–, o reforzo da vixilancia coa creación dunha brigada especializada na detección de delitos medioambientais que é pioneira en toda España, o investimento de 195 millóns de euros nos últimos cinco anos para melloras nas zonas protexidas ou os estudos específicos sobre especies de fauna silvestre coma o oso ou o lobo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados