Xunta de Galicia

O secretario xeral de Universidades reafirma o compromiso da Xunta co Campus Terra na graduación de Veterinaria, titulación de referencia en Galicia

O secretario xeral de Universidades reafirma o compromiso da Xunta co Campus Terra na graduación de Veterinaria, titulación de referencia en Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

José Alberto Díez recorda que este grao foi un dos primeiros de Galicia en obter o selo de excelencia, distintivo de calidade que outorga o Goberno galego

Destaca un investimento de preto de 13M? no Campus Terra e a introdución de novas titulacións, accións ao abeiro das que a matrícula medra de forma sostida

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, participou esta mañá no acto de graduación da promoción 2019/2024 do grao en Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, que cualificou como “unha das titulacións de referencia deste campus de Lugo e de toda Galicia”. “Non en balde, foi un dos primeiros graos en obter o selo de excelencia, distintivo de calidade que outorga a Xunta de Galicia para estes estudos no Sistema Universitario Galego”, lembrou.O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia co Campus Terra, cun investimento de preto de 13M? que permite situar que o campus lucense como un referente científico e social nos ámbitos do coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medio ambiental dos recursos da terra.O secretario xeral puxo tamén en valor a implantación de novas titulacións no Campus Terra como os graos de Bioquímica, Empresa e Tecnoloxía, Robótica e Xestión cultural ou o máster en Xenómica e Xenética. “O conxunto destas accións fixeron que o Campus Terra fose o segundo en acadar a acreditación de especialización en Galicia e que teña unha dinámica sostida de crecemento de alumnos nos últimos anos”, destacou.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados