Xunta de Galicia

O Servizo Galego de Saúde destaca a participación activa do persoal farmacéutico no proceso asistencial de atención centrado no doente

O Servizo Galego de Saúde destaca a participación activa do persoal farmacéutico no proceso asistencial de atención centrado no doente

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Galicia xestiona máis de 1,2 millóns de tratamentos mediante o software de farmacia hospitalaria

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva Tojo, participou hoxe, en Segovia, no III Foro de Xestión e Servizos de Farmacia Hospitalaria da Sociedade Española de Directivos da Saúde (SEDISA), no que subliñou a importancia dos profesionais farmacéuticos nun proceso asistencial que sitúa o paciente no centro.Neste sentido, en Galicia o número de tratamentos xestionados a través do software de farmacia hospitalaria do Sergas (Silicom) supera os 1.250.000. Neste sistema, segundo as palabras do director, “o farmacéutico convértese no garante da calidade e trazabilidade dos procesos”, sendo estes últimos un factor determinante para o correcto tratamento dos doentes.Do mesmo xeito, a atención virtual facilita a monitorización dos síntomas e variables clínicas de máis de 8.000 doentes crónicos incluídos na plataforma de teleasistencia domiciliaria (TELEA). As aplicacións móbiles e a intelixencia artificial constitúen unha nova vía de comunicación co doente na sanidade pública galega mediante asistentes virtuais, monitorización da medicación, o envío de alertas, avisos, etc.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados