Xunta de Galicia

Valentín García destaca a relevancia dos proxectos que adaptan o uso do galego ás novas formas de comunicación

Valentín García destaca a relevancia dos proxectos que adaptan o uso do galego ás novas formas de comunicación

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario xeral da Lingua participa na inauguración do XVII Curso de Verán da Universidade da Coruña ‘Traballando en lingua nas redes sociais‘

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no pazo da Cultura de Carballo na inauguración do XVII Curso de Verán da Universidade da Coruña

, onde sinalou “a importancia de proxectos que traballen na normalización lingüística e adapten o uso da lingua as novas formas de comunicación”.Neste senso, puxo en valor as liñas de traballo postas en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude co fin de impulsar a presenza do galego en novos espazos como o Proxecto Nós, que se centra no procesamento automático da lingua propia. “É fundamental que impulsemos o uso do idioma en novos contextos como as redes sociais”, apuntou o secretario xeral da Lingua.O curso, que se desenvolverá durante o día de hoxe e de mañá, ten por obxectivo traballar no uso e proceso de normalización da lingua a través da procura de argumentos, accións, creatividade, implicación ou os métodos adecuados para o propósito.Neste marco, os participantes contarán con sesións de relatorios, comunicacións, mesas redondas e obradoiros onde se promoverá o uso do galego nas redes sociais a través de estratexias e accións, a valorización do galego ou a formulación dunha proposta de boas prácticas lingüísticas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados