Xunta de Galicia
Xosé Merelles eloxia o labor dos cociñeiros galegos para encher a oferta turística das cidades e reforzar a calidade do destino
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na VIII Gala Show Cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia organizada por Turismo de Galicia
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na VIII Gala Show Cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, organizada por Turismo de Galicia, onde puxo en valor o labor dos cociñeiros galegos para encher a oferta turística das cidades “e reforzar así a calidade do destino con propostas gastronómicas que son quen de atraer cada vez a máis visitantes”.Durante o acto, Xosé Merelles puxo de manifesto a importancia que teñen os concursos de tapas celebrados durante o outono e inverno nas distintas cidades galegas como “importantes reclamos para o noso turismo”. Como dixo, o ano pasado o 46% do total da demanda hoteleira en Galicia correspondeu aos destinos urbanos especialmente fóra de temporada alta “e é importante que conten cunha oferta de calidade e diversificada”, expresou.Durante a súa intervención, Xosé Merelles eloxiou esta iniciativa creada pola Xunta de Galicia “a partir da cultura da tapa, pequenos petiscos cheos de sabor e matices capaces de sorprender aos padais máis esixentes”. Tamén lembrou que esta é a oitava edición desta cita que non deixa de sorprender “en capacidade creativa da gastronomía galega e na calidade dos produtos”. O director de Turismo de Galicia agradeceu moi especialmente a participación dos sete chefs nesta acción así como o seu traballo que xunto coa calidade do produto galego, “elevan a nosa gastronomía a un nivel de ouro”.Durante a gala deuse a coñecer o nome do mellor cociñeiro De Tapas por Galicia 2024, elixido entre os sete cociñeiros dos concursos de tapas celebrados o ano pasado nas sete cidades galegas. Tamén se contou coa presenza da xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte e as delegadas territoriais da Xunta na Coruña e Ferrol, Belén do Campo e Martina Aneiros e o delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo.Entregouse o premio concedido por un xurado profesional e outro popular. Os concursantes foron Álvaro Pérez Blanco de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela) coa tapa Estamos como cabras; Manu Triay de Taberna Triay (A Coruña) con Donete recheo de cocido;Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol) con Recordos da miña nenez. Tamén participaron desde Lugo Bret Fernández de Prebe by Bret coa tapa Xurel Black Coupage; Gabi Conde de Restaurante Portovello (Ourense) con A Terma, Kevin Carreño de Nikko Espacio Gastronómico (Vigo) con Nigiri de crokketa de carabineiro e Daniel Carramal de Loaira Xantar (Pontevedra) con trasmallos de neboeiro.Os sete cociñeiros disputarán por dous galardóns. Por unha banda, o premio do xurado profesional, que valorará cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor. Por outra, o premio do xurado popular, que se elixirá mediante un sistema de televotación. A cita enmárcase na estratexia que Turismo de Galicia desenvolve para promover este tipo de turismo cultural e de proximidade, a través da cooperación entre as empresas do sector, as asociacións e as institucións
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando