Xunta de Galicia

A Xunta aborda esta semana a limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra

A Xunta aborda esta semana a limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Levaranse a cabo traballos de roza nas estradas autonómicas LU–533 e LU–862, en Viveiro, Xove, Monforte, Chantada, Pantón e O Saviñao; na OU–402, en Castrelo de Miño; e na AG–4.6, na comarca do Morrazo

Estas intervencións forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de 4 M? en dous anos

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas desenvolve ao longo desta semana os traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas ao paso polas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.No caso da provincia da Lugo, as actuacións levaranse a cabo en distintas vías autonómicas: na vía de altas prestacións CG–2.3 e na estrada autonómica LU–862, en Viveiro e Xove; na CG–2.1, ao seu paso por Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao; e na estrada LU–533 no seu percorrido polos concellos de Chantada e O Saviñao.Tamén se desenvolverán traballos de roza e limpeza na OU–402, en Castrelo de Miño, Ourense.En canto á provincia de Pontevedra, proseguirán as intervencións na comarca do Morrazo, na CG–4.1 e na autovía AG–4.6, que unen os municipios de Moaña e Cangas.As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta, tralo recente incremento de 1 M?; cun investimento total de 4 M? para os dous próximos anos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados