Xunta de Galicia

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa ÚNICO para a mellora da conectividade en edificios

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa ÚNICO para a mellora da conectividade en edificios

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O DOG publica hoxe a orde que permitirá a comunidades de propietarios e corporacións locais acceder a axudas de ata 23.800 euros para dotar a edificacións de infraestruturas de radiodifusión, televisión dixital e internet de banda larga ultrarrápida

Os requisitos destas axudas están predefinidos polo Goberno do Estado

A Xunta de Galicia publica hoxe no

a liña de axudas do programa estatal ÚNICO para mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en edificios dirixidas a comunidades de propietarios e corporacións locais. As solicitudes, que poderán cubrir o 100% da actuación, poderán ser solicitadas desde mañá e ata o 16 de setembro.Trátase da segunda convocatoria destas axudas, que terá unha dotación orzamentaria de algo máis de 4 millóns de euros, dos que a metade corresponderán a comunidades de propietarios e a outra metade a corporacións locais galegas que precisen adaptar as instalacións de telecomunicacións no interior de edificios ou conxunto de edificacións da súa propiedade.Haberá tres liñas de actuación: a primeira cubrirá a instalación completa da infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida, cun importe máximo de 680 euros por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 23.800 euros. E a segunda liña refírese á instalación parcial de infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida, cun importe máximo de 600 euros por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 21.000 euros.A terceira liña refírese exclusivamente á infraestrutura de telecomunicacións adaptada para banda larga ultrarrápida. Neste caso, o importe máximo por unidade inmobiliaria será de 485 euros, ata un máximo por proxecto de 16.975 euros.Galicia abriu o pasado 24 de xullo o prazo da segunda convocatoria para solicitar as axudas para mellorar a conectividade en polígonos industriais e área loxísticas. Anteriormente, o 28 de xuño, abrírase a terceira convocatoria de bonos dixitais para facilitar a familias ou persoas vulnerables a contratación ou o mantemento de servizos de banda larga cunha velocidade mínima de 30Mbps.Con estas novas convocatorias a Xunta busca incrementar o numero de beneficiarios das convocatorias de 2022 e 2023. Estas axudas enmárcanse no Programa ÚNICO, cuxos requisitos foron definidos polo Goberno central.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados