Xunta de Galicia

A Xunta acondiciona os accesos a varios núcleos de Viladonga, en Castro de Rei, cun investimento de 48.200 euros

A Xunta acondiciona os accesos a varios núcleos de Viladonga, en Castro de Rei, cun investimento de 48.200 euros

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O delegado territorial explicou que se renovou o firme da vía que conduce a Casela e á Rúa de Arriba, así como á igrexa e o camposanto de Santiago de Viladonga

A Consellería do Medio Rural investiu 48.200 euros no acondicionamento dos accesos a varios núcleos de poboación da parroquia de Viladonga, no municipio de Castro de Rei, a través das achegas do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR).O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe xunto co alcalde, Francisco Balado, o resultado dos traballos executados na estrada que parte da N–640 e discorre por Casela, Rúa de Arriba e a igrexa e o camposanto de Santiago de Viladonga, e tamén en dous ramais que conducen a vivendas e garaxes e a unha vía municipal.Acondicionáronse en total preto de 1,4 quilómetros de vía; 925 metros corresponden á estrada principal, onde se renovou por completo o firme con dobre rego asfáltico previa regularización do terreo e o ensanche dalgúns puntos. Aplicouse unha capa de reforzo da plataforma nas curvas existentes entre os puntos quilométricos 0,300 e 0,500, para permitir o paso de vehículos con maior radio de xiro.Así mesmo, procedeuse á limpeza ou reapertura das cunetas para evitar a acumulación de augas de escorrentía, pintáronse as marcas viarias e instalouse a sinalización horizontal necesaria. Ademais, acometeuse o reforzo e rexeneración do firme dos ramais, de 300 e 150 metros de lonxitude.Arias subliñou a colaboración da Xunta cos concellos para mellorar as infraestruturas e dotacións no rural, “contribuíndo a vertebrar o territorio e á cohesión social, mellorando a calidade de vida e de traballo nos pobos para lograr o obxectivo de dinamizar o tecido produtivo e fixar poboación nova”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados