Xunta de Galicia

A Xunta adxudica 500.000 euros para a xestión sostible de 18 infraestruturas de artes escénicas e musicais

A Xunta adxudica 500.000 euros para a xestión sostible de 18 infraestruturas de artes escénicas e musicais

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude concedeu axudas a sete salas de titularidade privada e 11 espazos públicos para a modernización e xestión sostible dos seus equipamentos culturais

Este apoio pretende avanzar nos obxectivos de dixitalización e respecto medioambiental neste tipo de recintos

A Xunta de Galicia contribúe con 500.000 euros á modernización e xestión sostible de 18 infraestruturas de artes escénicas e musicais mediante a adxudicación dunha liña específica de subvencións pola que resultaron beneficiarios sete espazos culturais de titularidade privada e 11 pertencentes á Administración local.As subvencións para teatros, auditorios e salas de espectáculos escénicos e concertos diríxense principalmente á renovación dos sistemas dixitais de iluminación, vídeo, audio e comunicación en rede, maquinaria escénica, xestión artística e produción, así como ao acondicionamento e rehabilitación dos edificios para favorecer a súa adaptación ao cambio climático. A Xunta avanza deste xeito nos obxectivos de dixitalización, xestión sostible e respecto medioambiental, que redundan tanto na mellora das condicións de traballo do persoal técnico e artístico como nunha maior calidade na exhibición dos espectáculos diante do público.En concreto, no que se refire a espazos privados, na Coruña, o Club Garufa poderá cambiar o seu sistema de climatización, e a sala Filomatic, xestionada pola empresa Accipitar Gentilis, renovará o seu material de audio. En Vigo, a Sala Ártika substituirá a iluminación actual por luces LED para mellorar a eficiencia enerxética e diminuír o seu impacto ambiental, mentres que o Teatro Ensalle creará un arquivo en liña de todas as pezas escénicas que pasaron pola sala que poderá ser usado para consultas de investigación e formación académica e profesional, ademais de constituír unha medida de conservación do patrimonio escénico.En Lugo, a sala Clavicémbalo modernizará o sistema de audio para incorporar un bucle magnético que facilite a recepción do son ás persoas con discapacidade auditiva; e a sala de concertos Tebra, a cargo de Sons Galiza Comunicación, vai acometer a renovación do seu sistema de vídeo e pantalla para a retransmisión de concertos en directo. Tamén recibe axuda para renovar instalacións a Sala Guión de Pontedeume, xestionada por Dois SC.Pola súa banda, as entidades públicas que reciben subvención son os concellos de Ames, Corcubión, Foz, Arteixo, Muros, Ferrol, Vimianzo, Antas de Ulla, O Porriño e as entidades públicas IMCE do Concello da Coruña, e Auditorio de Galicia do Concello de Santiago de Compostela, que dedicarán as dotacións asignadas a acometer a modernización de equipamentos de son, vídeo e iluminación, a instalar tecnoloxía que garanta a accesibilidade do público con diversidade funcional, a abordar a xestión dixital da maquinaria escénica e a mellorar a eficiencia e o aforro enerxético actuando no illamento térmico e na actualización dos sistemas de climatización e iluminación dos espazos.Estas axudas, xestionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinan 100.000 aos espazos privados e 400.000 euros aos dos concellos, cantidades que contan co financiamento da Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Todas as entidades beneficiarias teñen ata xullo de 2025 para acometer os proxectos de mellora.A resolución de concesión pode consultarse na web da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados