Xunta de Galicia
A Xunta adxudica por 381.500 ? as obras de conexión da ponte internacional coa estrada autonómica PO-510, en Salvaterra de Miño
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A actuación céntrase no acondicionamento dun tramo de algo máis de 350 metros de lonxitude, no treito que vai da rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura
As obras teñen un prazo de execución aproximado de 6 meses e comezarán, previsiblemente, a finais de setembro
A Xunta vén de adxudicar por máis de 381.500 euros as obras de conexión da ponte internacional coa PO–510, en Salvaterra de Miño.A intervención, adxudicada á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. (Covsa), permitirá acondicionar un tramo de algo máis de 350 metros de lonxitude, no treito que vai da rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura.Esta actuación permitirá levar a cabo unha mellora das beirarrúas, a rede de saneamento e o alumeado público.A previsión da Xunta é comezar as obras a finais do mes de setembro, co obxectivo de non entorpecer o tráfico nos accesos de ida e volta na ponte, e terán un prazo de execución aproximado de seis meses.No detalle, a actuación leva aparellada a pavimentación dos viarios, cunha mellora do firme que inclúe unha capa de regularización; e a construción das beirarrúas, unificando os seus anchos e mellorando e unificando o deseño dos accesos aos garaxes.Tamén se levará a cabo a construción de sumidoiros e rede de alumeado, así como a sinalización horizontal da estrada.O departamento que dirixe María Martínez Allegue continúa traballando para dispoñer de estradas e rúas máis seguras, accesibles e funcionais neste municipio e así avanzar na ordenación da rede viaria autonómica, que ten a singularidade de canalizar a conexión con Portugal.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando