Xunta de Galicia

A Xunta adxudica por máis de 5,7 millóns de euros a execución das obras da senda que unirá Pontevedra con Marín

A Xunta adxudica por máis de 5,7 millóns de euros a execución das obras da senda que unirá Pontevedra con Marín

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Esta intervención no treito Mollavao–Praceres permitirá executar 3,5 quilómetros de itinerario pola marxe dereita da PO–546, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil

As obras contarán cun prazo de execución de 18 meses e o obxectivo e inicialas a principios do outono

Na intervención destaca a redución da velocidade dos vehículos coa execución dunha glorieta á altura do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, facilitando o cambio de sentido e o acceso ao aparcadoiro disuasorio en execución

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por 5.732.193 euros a execución das obras da senda que unirá Pontevedra con Marín, na coñecida como a estrada vella de Marín, no treito Mollavao–Praceres.Esta intervención, adxudicada á Unión Temporal de Empresas UTE S0S.A.U–Oresa Construcción y Servicios Globales S.L., posibilitará habilitar un itinerario de 3,5 quilómetros de lonxitude pola marxe dereita da PO–546, cun ancho que oscila entre os 2,5 e os 4 metros, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil.O contrato asinarase nas vindeiras semanas e o obxectivo e iniciar as obras no inicio do outono. Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses.As obras obxecto do contrato que se vén de adxudicar prestarán especial coidado á seguridade e obrigará a reducir a velocidade dos vehículos, grazas á glorieta que se construirá á altura do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.Esta glorieta facilitará, ademais, o cambio de sentido dos vehículos que proceden de Marín e que queren acceder ao aparcadoiro disuasorio, tipo

, que se está construíndo apoiándose na traza da propia senda, na contorna do quilómetro 2+800 da PO–546.Na obra incluirase a mellora tamén das paradas de transporte público, así como na renovación da iluminación do treito e a construción de dúas pasarelas, unha de máis de 120 metros sobre o rego de Louriñas e outra de 45 metros sobre O Sartán. Esta actuación complementase coas obras xa executadas na mesma PO–546 tanto no treito urbano de Marín, coma en Estribela, Pontevedra.Este contrato conta con cofinanciación da Unión Europea, con fondos do Programa Galicia FEDER 2021–2027.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados