Xunta de Galicia

A Xunta adxudícalles 280.000 euros a 12 festivais profesionais de artes escénicas

A Xunta adxudícalles 280.000 euros a 12 festivais profesionais de artes escénicas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O orzamento repartido nesta convocatoria increméntanse un 30,2% con respecto a 2023 e beneficia a dúas citas máis que na convocatoria anterior

O FIOT de Carballo, a Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, o Festival Internacional de Títeres de Redondela ou Danza no Claustro son algúns dos encontros financiados a través destas axudas

A Xunta de Galicia adxudicou as subvencións a festivais de artes escénicas, cuxa convocatoria fora aberta o pasado mes de abril cunha dotación total de 280.000 euros, o que supón un incremento do 30,2% respecto de 2023. As axudas benefician este ano a 12 proxectos, dous máis que na pasada edición, e consolidan o apoio crecente da Axencia Galega das Industrias Culturais a estes encontros, certames e mostras, organizadas de xeito profesional e considerados estratéxicos para o sector.Entre os eventos beneficiarios que aparecen na

desta liña en réxime de concorrencia competitiva están algunhas das citas que xa desenvolveron a súa edición de 2024 como a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (57.297,04 ?), o Singular Festival Internacional do Monólogo Teatral de Narón (22.022,07 ?), o Festival Internacional de Títeres de Redondela (15.908,95 ?) ou o Sacra Festival (16.351,45 ?).Tamén recibirán axudas outras oito citas programadas para os próximos meses. Así, en agosto van ter lugar tres delas: do 2 ao 4 o festival Danza no Claustro (3.726,50 ?), que se celebra nos mosteiros de San Estevo de Ribas de Sil, de Santa María de Melón e de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, e que prevé unha xornada previa este domingo 28 de xullo en A Casa Vella de Allariz; do 4 ao 10 a Mostra de Teatro de Cariño (5.236,26 ?); do 12 ao 18 o festival de títeres tradicionais ibéricos Titiriberia de Rianxo (28.941,00 ?); e do 19 ao 24 o Festaclown de Vilagarcía de Arousa (9.370,11 ?).O resto das mostras subvencionadas desenvolveranse no outono, comezando polo Festival Internacional de Teatro de Outono, FIOT de Carballo, que se celebrará do 26 de setembro ao 31 de outubro (50.815,84 ?), e, do 6 ao 10 de outubro, o Festival Internacional Galicreques de Santiago de Compostela (36.489,95 ?). Nese mesmo mes o público poderá gozar tamén da programación do Festival Internacional de Teatro de Ourense (26.033,71 ?), e o Desfoga de Cambados (7.807,13 ?).A través desta convocatoria anual de axudas o Goberno galego recoñécelles a estes festivais o seu papel como dinamizadores culturais, ademais de como plataforma de exhibición da máis recente produción escénica de Galicia.A Xunta completa o apoio a este tipo de eventos mediante a súa colaboración coa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que se celebra nestes días, e co festival Abanea de danza e artes do movemento, que se desenvolve nos concellos de Allariz, Ames, Foz, Marín e Outes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados