Xunta de Galicia
A Xunta amplía ata os 5 M? os fondos para financiar actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias galegas
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Ata o momento, esta liña de apoios convocada o pasado ano beneficiou un total de 72 empresas, autónomos, comunidades de regadío e asociacións de produtores en Galicia cun importe de 3,2M? que van xerar un investimento asociado de 10,7M?
Agora, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, a contía amplíase en 1,7M? máis cos que se estima poder apoiar outras 28 actuacións máis
Son axudas para a implantación de enerxías renovables nas explotacións agropecuarias e para a renovación das instalacións de regadío e dos equipos de bombeo, que lle permitan reducir o consumo final de enerxía ata un 10% e abaratar así, a factura eléctrica
A Xunta, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vén de ampliar en 1,7M?, ata os 5M? en total, os fondos da convocatoria de axudas para financiar actuacións de eficiencia enerxética no sector agropecuario galego, coa previsión de chegar a un cento de beneficiarios.Ata o momento, esta liña de apoios convocada o pasado ano beneficiou un total de 72 empresas, autónomos, comunidades de regadío e asociacións de produtores en Galicia cun importe de 3,2M? que van xerar un investimento asociado de 10,7M?. Agora, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), a contía amplíase en 1,7M? máis cos que se estima poder apoiar outras 28 actuacións máis.En concreto, os apoios, de ata un máximo de 1M? por expediente, van destinados a promover a implantación de enerxías renovables nas explotacións agropecuarias e á renovación das instalacións de regadío e dos equipos de bombeo que lle permitan reducir o consumo final de enerxía ata un 10% e abaratar así, a factura eléctrica. Cóbrense, por exemplo, actuacións sobre a envolvente térmica que reduzan a demanda de calefacción e refrixeración dos edificios agropecuarios (fachadas, cubertas, xanelas), incluíndo solucións bioclimáticas. Tamén sobre as instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria, como poden ser as destinadas aos procesos de pasteurizacaión e conservación de produtos perecedoiros, á climatización de naves de gando e invernadoiros, refrixeración en procesos de fermentación do viño, etc., así como para o aproveitamento de calores residuais e novas redes de calor. Tamén se incentiva a implantación de enerxías renovables térmicas como enerxía solar térmica, biomasa, enerxía xeotérmica, enerxía ambiente (aerotermia ou hidrotermia), bombas de calor ou unha combinación de todas elas. A reforma ou substitución de instalacións de iluminación interior e iluminación exterior. E a renovación de motores para accionamentos mecánicos e outros servizos propios destas actividades.No que respecta aos sistemas de regadío, as axudas cobren a substitución de grupos de bombeo por outros máis eficientes enerxeticamente; a implantación de variadores de frecuencia e arrancadores estáticos; o emprego de sistemas de regulación, control e monitoraxe da rede de rega que contribúan de forma directa ao aforro de enerxía; ou a instalación ou substitución de baterías de condensadores para mellorar a eficiencia enerxética das instalacións eléctricas das estacións de bombeo. Non serán elixibles aquelas actuacións que contribúan ao incremento no consumo de auga ou da superficie regable.Para as empresas, a axuda non supera o 35 % do custo subvencionable da actuación, que se incrementa un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas, e un 10 % no caso de medianas empresas.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando