Xunta de Galicia

A Xunta apoia con preto dun millón de euros a contratación de 32 orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro de Lugo

A Xunta apoia con preto dun millón de euros a contratación de 32 orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro de Lugo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se enmarca no obxectivo de facer máis accesibles, próximos e dinámicos os servizos de emprego

Fináncianse cunha contía de entre 28.000 e 31.000 euros por cada técnico incorporado a tempo completo

A Xunta financia con 933.500 euros a contratación de 32 orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro de Lugo, achegando recursos para o emprego a distintos puntos do territorio e a sectores de actividade concretos.O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a sede da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), entidade que resultou beneficiaria dunha axuda de preto de 121.000 euros para a contratación de catro orientadores. Arias explicou que o fortalecemento da rede de orientación laboral enmárcase no amplo proceso de modernización que o Goberno galego está a acometer para facer máis accesibles, máis próximos e máis dinámicos os servizos de emprego.Neste sentido, sinalou que o obxectivo último da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración é mellorar a empregabilidade de galegas e galegos, mediante a mellora da cualificación profesional ao longo da vida, a través dunha formación flexible e adaptada ás necesidades do mercado e cunha orientación e asesoramento personalizados.Ademais de Cogami, as axudas benefician na provincia de Lugo aos concellos de Ribadeo, Sarria, Lugo, Monforte de Lemos, Burela, Sober –que compartirá o servizo con Pantón e O Saviñao–, Quiroga –con Ribas de Sil e Folgoso do Courel–, Láncara –con Triacastela e O Corgo–, Pedrafita do Cebreiro –con Becerreá e Cervantes– e Cervo –con Alfoz e O Valadouro–. Tamén a entidades como Fademga (Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento), o sindicato UXT, a Confederación de Empresarios ou a Fundación Laboral da Construción, entre outras.Estes orientadores prestan asistencia e artellan medidas encamiñadas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego (inscritas no Servizo de Emprego de Galicia). Entre outras funcións, elaboran diagnoses individualizadas sobre o perfil e necesidades dos desempregados, proporcionan información sobre o mercado de traballo e os distintos incentivos, deseñan itinerarios individuais e personalizados de emprego ou informan sobre a oferta de accións de formación profesional ou o proceso de recoñecemento das competencias adquiridas.Os seus contratos terán unha duración dun ano financiándose estes postos cunha contía máxima de 28.000 euros por cada técnico en orientación laboral incorporado a tempo completo e con 31.000 euros cando o contrato se desenvolva nunha entidade sen ánimo de lucro especializada na atención á discapacidade e/ou a persoas en risco de exclusión.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados