Xunta de Galicia
A Xunta aposta pola formación como mellor medida de prevención na loita contra o branqueo de capitais
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou esta mañá na inauguración de novas edicións do congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro e de dereito penal económico, que definiu como unha cita consolidada no ámbito xurídico para clarificar e identificar os riscos desta problemática
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na inauguración
, que puxo como exemplo de espazo de debate xurídico internacional consolidado con xuristas de recoñecido prestixio co obxectivo de dar resposta á elevada demanda social, económica e científica sobre o branqueo de diñeiro, a responsabilidade criminal das persoas xurídicas e a fraude fiscal.José Tronchoni incidiu na necesidade de que todo tipo de profesionais adquiran os coñecementos precisos para a prevención do branqueo e precisamente este congreso vai destinado a profesionais do dereito e da avogacía, economistas, asesores fiscais e directivos de empresas para que actualicen os seus coñecementos sobre o branqueo na UE, a súa incidencia no mundo dixital e a internacionalización do dereito penal. Así, sinalou que a Xunta aposta pola formación en ámbitos coma este porque “o coñecemento é a mellor prevención ante calquera risco”.Nesta liña, lembrou que a loita contra o branqueo de capitais está presente na axenda política da UE porque afecta á estabilidade económica e política dos estados e á seguridade internacional, polo que se precisa de actualización para adaptarse a riscos emerxentes como as moedas virtuais e outras innovacións tecnolóxicas ou a globalización das organizacións terroristas, que ademais aproveitan as deficiencias do sistema.Por iso, incidiu na importancia deste congreso para abordar procedementos e boas prácticas que contribúan a identificar e clarificar os riscos operativos e legais e fixar mecanismos internos de prevención, xestión, control e reacción cos que empresas, institucións e organizacións poidan protexerse ante situacións de risco.Na súa intervención, o director xeral de Xustiza tamén puxo en valor o traballo do Goberno galego para adaptar a xustiza ao século XXI debido á constante actualización da normativa e aos continuos avances tecnolóxicos. Entre as medidas levadas a cabo nos últimos anos destacan a posta en marcha de novas unidades xudiciais, un importante investimento de máis de 125 millóns de euros na creación e mellora das infraestruturas xudiciais da comunidade e 43 millóns do actual Plan Senda para avanzar na dixitalización.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando