Xunta de Galicia

A Xunta autoriza a licitación da rehabilitación do edificio dos antigos xulgados de Vigo para destinalo a entidades sociais da cidade cun importe de 19,4 M?

A Xunta autoriza a licitación da rehabilitación do edificio dos antigos xulgados de Vigo para destinalo a entidades sociais da cidade cun importe de 19,4 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Tal e como sinalou o presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, prevese que as obras comecen “antes de que finalice o ano” cun prazo de execución máximo de 16 meses

O obxectivo é “darlle unha segunda vida ao servizo da cidade”, prestando servizo ás asociacións e entidades sociais da cidade

O proxecto foi deseñado polo arquitecto Alfonso Penela, gañador do concurso de ideas convocado polo Goberno galego a finais de 2022

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de acordo polo que se autoriza a contratación das obras de rehabilitación do edificio dos antigos xulgados de Vigo, situado na rúa Lalín, por importe de 19,4 millóns de euros. Tal e como sinalou o presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, o obxectivo é “darlle unha segunda vida ao servizo da cidade”, destinándoo a asociacións e entidades sociais da cidade, ao igual que se fixo con outras instalacións autonómicas como o edificio da rúa Benito Corbal en Pontevedra ou o Espazo Amizar na Coruña.Cóbrese así, segundo sinalou Rueda, “unha carencia detectada no Concello de Vigo posta de manifesto por moitas asociacións”. A obra licitarase mediante procedemento aberto tras a aprobación o pasado mes do proxecto de rehabilitación presentado polo arquitecto Alfonso Penela, gañador do concurso de ideas convocado pola Xunta a finais de 2022. Prevese que as obras comecen “antes de que finalice o ano” e que se prolonguen un máximo de 16 meses. O financiamento da actuación enmárcase no Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder Galicia 2021–2027).A través da recuperación do edificio e da súa posta á disposición das entidades sociais da cidade para a súa ocupación temporal, a Xunta contribúe a mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo. As entidades disporán dunha superficie construída de case 13.000 metros cadrados distribuídos en seis plantas, unha entreplanta, un baixo e dúas plantas de soto.Segundo o proxecto, prevese levantar dúas plantas do chan coa creación dun grande atrio na área da entrada. Búscase así mellorar a integración na contorna. Tamén se facilitará a accesibilidade mediante a retirada do aparcadoiro exterior e a rebaixa do terreo para que quede en continuidade coa planta baixa. Isto permitirá tamén crear un espazo verde.O baixo terá carácter multifuncional, cunha sala de exposicións, cafetería, hemeroteca e un auditorio con cabida para 400 persoas. Contará tamén cunha sala de lactación para facilitar a conciliación tanto das persoas traballadoras como usuarias. Pola súa banda, as oficinas xerais ocuparán a entreplanta.En cada un dos cinco primeiros andares distribuiranse 20 estancias para asociacións e entidades sociais, unha sala polivalente, outra de reunións e unha máis de ensaio. A sexta planta, unida á anterior, configúrase como zona de office–cafetería, con terrazas axardinadas no exterior. Sobre esta superficie haberá unha cuberta que permite a colocación de paneis fotovoltaicos na busca da máxima autonomía enerxética. Por último, os sotos destinaranse a aparcadoiro, arquivo e cuartos de instalacións.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados