Xunta de Galicia
A Xunta avanza no deseño do novo Plan de xestión de risco de inundacións coa avaliación preliminar dos tramos fluviais con maior perigo de asolagamento
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
Ángeles Vázquez anuncia que a partir de hoxe se somete a consulta pública o estudo previo realizado polo organismo hidráulico co obxectivo de revisar e actualizar a listaxe de áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) de Galicia
Proponse incluír dous novos treitos no río Serantes, na súa desembocadura en Oleiros, e no rego dos Corrais, en Ferrol, e ampliar a ARPSI de Ponteceso en 3,7 km
Tamén se segue avanzando nos estudos sobre os efectos do cambio climático nos ríos para valorar cuantitativamente as variacións esperadas nos caudais de avenida e en base aos mesmos suxerirase unha listaxe de zonas de especial seguimento
A Xunta continúa avanzando no deseño do novo Plan de xestión de risco de inundación 2028–2033 (PXRI) coa avaliación preliminar da situación dos ríos galegos desde este punto de vista, unha análise realizada por Augas de Galicia e que desde hoxe se someterá a consulta pública durante tres meses co fin de recompilar as posibles achegas de entidades e cidadáns para minimizar os efectos dos asolagamentos sobre o territorio, a economía e a poboación.Así o anunciou hoxe en Carballo a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, no marco dunha visita ao parque de San Martiño unha vez rematadas as obras que executou o organismo público hidráulico nesta zona, incluída na Área con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) do río Anllóns.Tal e como explicou a responsable autonómica, este paso supón o inicio oficial da tramitación do futuro PXRI, unha planificación que se realiza en ciclos de seis anos e que comeza sempre cun estudo preliminar do risco de asolagamento co fin de identificar aqueles tramos fluviais máis vulnerables (as chamadas ARPSIS) por presentar un risco significativo ou probable de provocar este tipo de episodios.Neste sentido, explicou que no marco do estudo de risco de inundación realizado para o plan actualmente vixente se identificaron un total de 170 ARPSIS cunha extensión de 548 quilómetros de río e outras 28 ARPSIS costeiras cunha lonxitude de 160 quilómetros.Tras a revisión e actualización realizada por Augas de Galicia e a análise de todos os episodios de asolagamento rexistrados entre os anos 2018 e 2023, proponse a inclusión de dous novos tramos como ARPSI: un de 1,1 km no río Serantes na súa desembocadura en Mera (concello de Oleiros) e outro de 0,6 km no rego dos Corrais, concretamente no punto de afluencia na Malata, en Ferrol. Ademais, suxírese tamén a ampliación da ARPSI de Ponteceso en 3,7 km, para incluír o rego do Cruceiro e o do río Pouso, xa que os estudos de xestión do risco de inundación xa redactados así o recomendan.Así mesmo, a conselleira explicou que de cara a deseñar a nova planificación para a xestión do risco de inundación nos treitos fluviais galegos (que será a terceira), a Xunta segue avanzando tamén nos estudos relativos ao cambio climático e os seus efectos nos ríos xa que axudan a realizar unha valoración cuantitativa das variacións nos caudais de avenida esperados en función dos distintos escenarios.Neste sentido, avanzou que no PXRI 2028–2033 proporase unha listaxe de zonas de especial seguimento polo impacto do cambio climático co obxectivo de reunir máis datos e información de cara á súa posible catalogación como futuras ARPSIS.Cun investimento de case 450.000 euros, as obras de remodelación integral do parque de San Martiño, no río Anllóns, déronse por rematadas recentemente e tiñan como fin principal a construción e instalación de elementos de protección ante posibles avenidas.Neste sentido, Ángeles Vázquez lembrou que o parque está nunha ARPSI e os traballos executados forman parte das actuacións previstas no marco do convenio de colaboración que mantén Augas de Galicia co Concello de Carballo para dar solución e reducir os riscos dunha eventual inundación do río Anllóns neste punto. Trátanse en total de cinco obras, dúas xa rematadas e o resto en marcha, cun investimento previsto de 6,3 millóns de euros que se financiarán con fondos da Xunta integramente.En todo caso e á marxe deste convenio, o organismo hidráulico está tramitando a redacción do proxecto para a demolición da ponte de San Martiño–rúa Igrexa e nova ponte da rúa San Xoán Bautista de Carballo, unha actuación que melloraría tamén o comportamento hidráulico do río na zona urbana.Por último, cómpre lembrar que no marco do actual Plan de xestión de risco de inundación 2021–2027 están en marcha ou en trámite de sinatura unha serie de convenios con concellos con algunha ARPSI que prevén actuacións por parte de Augas de Galicia por un importe global de 15,3 millóns de euros para minimizar os efectos producidos polas inundacións nestas áreas sensibles.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando