Xunta de Galicia
A Xunta avanza para ter en funcionamento no último trimestre do ano o Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou na Coruña as obras do futuro COE de Galicia, que coordinará as actividades relacionadas coa orientación laboral, co emprendemento e coa innovación, incluída a Rede de polos
En paralelo á súa posta en marcha, este ano xa se veñen impulsando diversos convenios ao abeiro do COE, como a aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce, o programa Alento en materia de márketing ou a iniciativa de coliving Fixar
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, vén de visitar na Coruña as obras do futuro Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación (COE) de Galicia, que se prevé ter en funcionamento no último trimestre deste ano. O obxectivo é que o COE galego coordine todas as actividades relacionadas coa orientación laboral, co emprendemento e coa innovación, incluída a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta con 14 centros abertos actualmente na Comunidade.Segundo explicou a directora xeral, o Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego de Galicia disporá de persoal cualificado para a orientación, asesoramento e acompañamento das persoas interesadas en desenvolver e levar a cabo os seus proxectos de emprendemento a través de fórmulas como a economía social e o micro–emprendemento. Así mesmo, estará dotado de todos os espazos necesarios para a correcta consecución dos obxectivos marcados.Deste xeito, o COE e os servizos desenvolvidos ao seu abeiro configúranse como un instrumento destinado a mellorar a capacitación e a empregabilidade da poboación galega. Nese senso, desde este espazo desenvolveranse tamén liñas de traballo relacionadas co coidado e co respecto do medio ambiente (actividades formativas, de concienciación, divulgación, etc.) e de fomento da igualdade.O COE galego formará parte da Rede de Centros Públicos de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego que se establece a nivel estatal, que busca impulsar a colaboración entre o Estado e as comunidades autónomas para impulsar proxectos innovadores que reduzan o desemprego, fomenten a inserción laboral e o emprego de calidade, así como o apoio ás persoas emprendedoras.En paralelo á súa posta en marcha, este ano xa se veñen impulsando diversos convenios ao abeiro do COE, como a aceleradora de proxectos
da man do Clúster do Ecommerce Galego coa que se está dando formación a un total de 23 iniciativas empresariais para que aprendan a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña. Tamén o programa
subscrito co Clúster da Comunicación de Galicia para a prestación de servizos en materia de márketing e comunicación a unha trintena de iniciativas da Rede de polos ou o convenio coa Asociación Cultural Sende para poñer en marcha o proxecto piloto de coliving
, co fin de impulsar o emprendemento no rural, atraer traballadores de alta cualificación –nómades dixitais–, fixar poboación e crear riqueza.Así mesmo, cómpre engadir na actividade do COE galego os convenios asinados coas tres universidades públicas galegas –Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo– para impulsar o espírito emprendedor na comunidade universitaria.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando