Xunta de Galicia
A Xunta colaborará cunha vintena de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude resolve a súa liña de axudas dotada con case 50.000 ?
En total participan nesta convocatoria dez organizacións sen fin de lucro e 9 concellos
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de publicar no
a resolución da convocatoria de axudas para a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado que, nesta ocasión, impulsa a colaboración dunha vintena de proxectos. As entidades beneficiarias da convocatoria de 2024 son un total de dez organizacións sen fin de lucro e 9 concellos.Trátase dunha convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia, dotada con 50.000 euros, destinada a organizacións sen ánimo de lucro e concellos ou agrupacións co fin de colaborar nos gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.A través destas achegas, o Goberno galego apoia a realización de diversas iniciativas promovidas por organizacións sen fin de lucro das catro provincias. Así as citas da provincia Pontevedra incluídas son: as Xornadas Etnográficas do Morrazo, da Asociación Xornadas Etnográficas do Morrazo de Bueu, o XIII Kanekas Metal FEST, da Asociación Cultural Morrazica de Cangas, o 36º Festival de Poesía do Condado, da ASCD O Condado de Salvaterra do Miño, o XXIX Festival Bandas de Música, da Asociación Banda de Música Popular de Tui, as Picnic Sesions, de Lideiras Asociación Cultural, e o XXXI Revoltallo de música e cultura emerxente, da Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo Valladares, ambas de Vigo.Na provincia de Ourense, pola súa banda, figura: o IV Festival Pedra, da Asociación Cultural A Bela Auria de Ourense. En canto aos eventos da provincia de Lugo: o VI Concerto AC Luis Nieves
da Asociación Cultural Luis Nieves de Monforte de Lemos, e o Festival Agrocuir da Ulloa, da Asociación Agrocuir da Ulloa de Moterroso. Finalmente, da provincia da Coruña contribuíuse co Tremeterra III Encontro SoundSystem, da Terra Brava da Asociación Cultural SonSistema, de Santiago de Compostela.Das axudas concedidas, que van dos 1.500 aos 3.500 euros, tamén se dotou de axudas a diversas iniciativas que impulsan varios concellos galegos. Na provincia de Lugo inclúese a Mostra de Teatro Maruxa Villanueva de Chantada, o Festival Terra Brava en O Incio, a XXXVIII Semana do teatro afeccionado de Valadouro e o VI Proxecto Superarte en Viveiro. En canto á provincia de Pontevedra están: o XI Festival Aturuxos ao Son da Ría, en Cangas, e o Teatrea, en Ponteareas. Na provincia da Coruña o XV Festival de Jazz de Noia, mentres que na provincia de Ourense inclúense, os Encontros de teatro escolar e amateur, de Bande, e a V Semana Cultural, de Taboadela.Con esta iniciativa, o Goberno galego contribúe a reforzar a oferta cultural en todo o territorio a través de programacións diversas e de calidade dirixidas a todos os públicos co obxectivo de promocionar a cultura de Galicia axudando a mellorar as infraestruturas e promovendo a contratación de artistas da Comunidade ou outros emerxentes dándolles a oportunidade de darse a coñecer.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando