Xunta de Galicia

A Xunta comezará este luns as obras de mellora do firme na estrada AC-303, ao seu paso polo concello de Ribeira

A Xunta comezará este luns as obras de mellora do firme na estrada AC-303, ao seu paso polo concello de Ribeira

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Esta actuación forma parte do contrato de reforzo do firme en 7 vías autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de 3,6 M?

Intervirase, ademais, en varios treitos das estradas autonómica AC–300, AC–406, AC–432, AC–546, AC–550 e AC–552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes

Os traballos que se iniciarán este luns centraranse no treito da AC–303, comprendido entre os seus puntos quilométricos 3+500 e 5+700, e proseguirán a partir do mércores, pola estrada AC–550, xa no concello de Outes

Os traballos consistirán en realizar fresados e reposicións con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas iniciará este luns as obras de mellora do firme en varios treitos da estrada AC–303, ao seu paso polo concello de Ribeira.Esta actuación, forma parte forma parte do contrato de acondicionamento do firme en 7 estradas de titularidade autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 3,6 M?.Baixo este contrato, que conta cun prazo de execución de 6 meses, o obxectivo é rehabilitar o firme en varios treitos das vías de titularidade da Xunta AC–300, AC–303, AC–406, AC–432, AC–546, AC–550 e AC–552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes.As tarefas de rehabilitación do firme levaranse a cabo, neste comezo, no treito da estrada AC–303, comprendido entre os seus puntos quilométricos 3+500 e 5+700. Segundo o programa inicial, estes traballos de rehabilitación da capa de rodaxe levaranse a cabo durante as xornadas do luns 29 e o martes 30, no percorrido desta vía polo municipio de Ribeira. A partir do mércores, día 31 de xullo, as obras de acondicionamento do firme proseguirán pola AC–550, entre os seus quilómetros 60+200 e 68+000, xa no concello de Outes.Para minimiza a incidencia na circulación, durante estas obras haberá corte de carril no punto en que se traballe, e darase tráfico alternativo polo outro carril.As intervención deste contrato consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, segundo as necesidades concretas das vías obxecto destas intervencións.As actuacións completaranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e a reposición dos treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.O departamento que dirixe María Martínez Allegue continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados