Xunta de Galicia

A Xunta concede 167 novas axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías cun investimento de 741.600?

A Xunta concede 167 novas axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías cun investimento de 741.600€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das subvencións outorgadas entre o 1 de abril e o 30 de xuño deste ano

Esta convocatoria de axudas lanzada en abril de 2023 dispón dun orzamento total de máis de 6,2M?

A Xunta concedeu 167 axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas de servizos de transporte por estrada, cun orzamento de 741.600 euros, segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia. Trátase das subvencións concedidas do 1 de marzo ao 30 de xuño deste ano, no marco da convocatoria lanzada en abril do 2023 e dirixida a autónomos e Pemes do sector, dotada con máis de 6,2 millóns de euros.O obxectivo da iniciativa é incrementar a eficiencia destas empresas e do sistema de transporte por estrada, mediante a dixitalización, a sustentabilidade, a conectividade, a renovación dos sistemas e a introdución de novas tecnoloxías no sector.Así, dentro das distintas categorías de solucións de modernización das empresas do sector, outorgáronse nesta cuarta quenda 165 axudas dirixidas á implantación de sistema de tacógrafo intelixente de segunda xeración. Das dúas axudas restantes, unha destinouse á integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión e outra á xestión de documentos de control electrónicos.Unha vez ditada esta resolución de concesión da axuda, o beneficiario recibirá un

, pola contía correspondente á actuación para a que solicitou a axuda. No suposto de presentar dúas solicitudes para dúas categorías diferentes, recibirá dous

. O prazo máximo para a formalización dos Acordos de Prestación de Solucións de Modernización é de tres meses desde a notificación da resolución de concesión.A medida impulsada pola Xunta enmárcanse no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea–Next Generation EU, xestionado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados