Xunta de Galicia

A Xunta concede axudas a medio cento de concellos para preservar e mellorar os espazos Rede Natura

A Xunta concede axudas a medio cento de concellos para preservar e mellorar os espazos Rede Natura

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Marisol Díaz anuncia que ao abeiro da orde convocada polo seu departamento a comezos deste ano, se concederon preto de 1,5 millóns de euros en subvencións

Salienta que o proxecto para restaurar e acondicionar a senda fluvial de Matamá, na zona especial de conservación río Támega, é un bo exemplo do compromiso das administracións locais con este tipo de espazos e a necesidade da súa posta en valor

A Xunta concederá este ano axudas a preto de medio cento de concellos para financiar estudos e diferentes investimentos dirixidos á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural localizado na Rede Natura 2000 de Galicia.Así o anunciou esta mañá a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, que visitou o concello ourensán de Laza para achegarse ata a senda de Matamá, en plena ZEC do río Támega, e coñecer de primeira man a zona na que se executará un dos proxectos subvencionados polo seu departamento.Acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e mais o rexedor municipal, José Ramón Barreal, a directora xeral explicou que a semana pasada foron notificadas as axudas concedidas ao abeiro da orde de subvencións bianual convocada en xaneiro pola Xunta e cuxo obxectivo é preservar e mellorar os espazos Rede Natura da comunidade.Os 48 concellos que resultaron beneficiarios, segundo explicou, recibirán un importe total de preto de 1,5 millóns de euros, fondos que permitirán executar actuacións para o arranxo de elementos como fontes, muíños ou lavadoiros pero tamén outro tipo de intervencións de carácter medioambiental.Neste sentido, Marisol Díaz referiuse á restauración e acondicionamento da senda fluvial de Matamá que acometerá o Concello de Laza como un bo exemplo das actuacións que se pretende apoiar desde a Xunta a través deste tipo de axudas e do compromiso das administracións locais galegas coa posta en valor dos espazos Rede Natura localizados dentro dos seus termos municipais.Neste caso concreto, cómpre indicar que o Goberno municipal resultou beneficiario dunha axuda de 30.000 euros para acometer estas obras (15.000 euros para este ano e outros 15.000 euros para o que vén), o que supón o 100% do investimento previsto.Segundo figura no proxecto, o obxectivo é poñer en valor a senda que discorre ao carón do río Támega, actuando nun tramo de aproximadamente 850 metros no que conflúen numerosos valores naturais, paisaxísticos, patrimoniais e etnográficos, facendo á vez posible o seu percorrido para persoas con mobilidade reducida.A tal fin, faranse labores de roza no camiño e poda manual de árbores, estabilizarase o muro de mampostería e instalaranse sete bancos de granito, ademais de renovar a sinalización da zona e mellorar o aparcamento disuasorio.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados