Xunta de Galicia

A Xunta convoca en agosto e novembro os actos expropiatorios para executar a mellora de 69 paradas de autobús nos concellos de Ares, Fene, Mugardos e Neda

A Xunta convoca en agosto e novembro os actos expropiatorios para executar a mellora de 69 paradas de autobús nos concellos de Ares, Fene, Mugardos e Neda

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

Estas intervencións suporán un investimento autonómico de 2,4M? e levaranse a cabo nun total de 8 estradas autonómicas ao paso polos concellos de Ares, Mugardos, Fene e Neda

No Diario Oficial de Galicia fíxanse os días 22 e 23 de agosto como datas do levantamento das actas previas de ocupación dos predios necesarios para as obras, establecendo a formalización das actas de ocupación os días 12 e 13 de novembro

As intervencións consisten na dotación de marquesiñas, na mellora da accesibilidade con ramplas e información en braille e no incremento da visibilidade e iluminación

As obras licitaranse a finais de ano para comezar os traballos na primavera

Estas intervencións enmárcase no Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas, co que a Xunta ten previsto investir arredor de 35 M? para a mellora de 1.100 paradas en toda Galicia

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para este mes de agosto e o vindeiro mes de novembro dos actos expropiatorios necesarios para executar as obras de mellora da accesibilidade e conectividade de 130 paradas de autobús na contorna da Coruña e na área sur de Ferrol.Esta actuación, ás que se destinarán preto de 2,4M?, con financiamento da Xunta e fondos europeos FEDER 21/27, enmárcase no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente. Inclúe intervencións nestes 4 municipios da provincia coruñesa en 8 estradas de titularidade da Xunta. A Administración autonómica prevé licitar as obras a finais de ano.Así, estes proxectos comprenden actuacións nos concellos de Ares, Mugardos, Fene e Neda que se desenvolverá nas estradas AC–115, AC–121, AC–122, AC–123, AC–125, AC–130, AC–133 e AC–862.En concreto, o DOG recolle o anuncio polo que se convocan os actos para o levantamento de actas previas á ocupación o día 22 de agosto no salón de plenos do Concello de Ares, ás 9.30 horas; no salón de plenos do Concello de Mugardos, das 10.45 ás 12.45 e no do Concello de Narón ás 13.30 horas. O día 23 terán lugar nos salóns de plenos do Concello de Fene, das 9.30 ás 9.50 horas e no de Neda de 10.45 ás 12.45 horas. A convocatoria inclúe ao concello de Narón ao estar a expropiación dunha das paradas no límite municipal entre Neda e Narón.Posteriormente, o acto da formalización das actas de ocupación levarase a cabo en novembro. En Ares, o acto terá lugar no salón de plenos do Concello o día 12 ás 10.30 horas e nesa mesma xornada están convocados tamén os actos no Concello de Mugardos (no salón de plenos dás 11.15 ás 12.45 horas) e no de Narón (ás 13.15 horas). Por último, o día 13 celebraranse os actos no salón de plenos do Concello de Fene (das 10.15 ás 10.30 horas) e no do Concello de Neda (das 11.45 ás 12.45 horas).No seguinte enlace ao DOG pode consultarse toda a información:

Con este proxecto trátase de intervir no ámbito das rutas de acceso polo norte á cidade da Coruña, co fin de mellorar 4 paradas en Ares; 17 en Mugardos; 16 en Fene e 32 en Neda.As actuacións deseñadas comprenderán o acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas. Tamén se prevé a instalación de novas marquesiñas, ademais de actuacións complementarias de drenaxe, condución de servizos ou colocación de varandas para protexer aos usuarios aí onde poida haber desniveis.No marco destas intervencións, en primeiro lugar, priorízase a localización óptima destas infraestruturas, en tramos rectilíneos e con visibilidade, en treitos nos que a pendente da estrada é menor, próximas aos itinerarios accesibles e en zonas iluminadas.As intervencións que se acometerán nas paradas consistirán en melloras do equipamento, como a dotación de marquesiñas, postes, bancos ou apoio isquiático.Tamén se levará a cabo a mellora da accesibilidade para peóns, en xeral, e para persoas con mobilidade reducida, a través de medidas como a conexión das paradas cos itinerarios peonís, a execución de ramplas de acceso, información en braille ou pavimento podotáctil.As obras incluirán medidas de seguridade, procedendo á eliminación de vexetación, á mellora da visibilidade e da iluminación ou á ampliación do espazo ao redor das paradas.As actuacións tamén prevén o reforzo da información e da sinalización, colocando planos de situación e percorridos ou sinais indicativos das paradas.O obxectivo do Goberno galego con estas intervencións é incrementar a captación de usuarios das zonas rurais afastadas dos grandes núcleos no uso do transporte público, fomentando a diminución do uso dos movementos de corto e medio recorrido en transporte privado, con orixe ou destino nas cidades de maior poboación, o que redundará nunha diminución das emisións de xeito gradual. Estes proxectos forman parte do Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas, co que a Xunta ten previsto investir arredor de 35 M? para a mellora de 1.100 paradas en toda Galicia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados