Xunta de Galicia
A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2024 nos que incrementa a súa aposta pola formación dos novos talentos
Publicado el - Actualizado
5 min lectura
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria das tres categorías que conforman estes galardóns e que son o Premio Artesanía de Galicia para unha obra ou colección, Premio Traxectoria para un artesán de sólida traxectoria no sector e as tres Bolsas Eloy Gesto destinadas á formación de novos talentos
Na edición deste ano increméntase a dotación orzamentaria ata os 21.000 euros e o número de Bolsas Eloy Gesto, co obxectivo de apoiar a formación especializada dos novos talentos do sector
As candidaturas poderanse presentar entre o 16 e o 27 de setembro de 2024 de xeito exclusivamente telemático para as categorías Traxectoria e Bolsa Eloy Gesto e presencialmente no caso do Premio Artesanía de Galicia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a
dos Premios Artesanía de Galicia 2024 co obxectivo de recoñecer a mestría, a traxectoria e o talento no sector artesanal galego. Como novidade este ano increméntase o número de galardóns na categoría Bolsa Eloy Gesto, que pasan de unha a tres, polo que se incrementa tamén a dotación orzamentaria destes galardóns que chegará ata os 21.000 euros e modifícase a idade máxima dos galardoados que poderán ter ata 45 anos de idade. Deste xeito, a Xunta reforza a súa aposta pola formación especializada dos novos talentos do sector artesanal galego, co obxectivo de profesionalizar o sector e contribuír á remuda xeracional.Como en anos anteriores, os galardóns dividiranse en tres categorías, Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e Premio Bolsa Eloy Gesto e o prazo de presentación de candidaturas estará aberto entre o 16 e o 27 de setembro.No caso da modalidade Premio Artesanía de Galicia, a solicitude deberase presentar presencialmente na sede da Fundación Artesanía de Galicia, en Santiago de Compostela, mentres que para as outras dúas categorías as solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente a través de medios electrónicos.Os Premios Artesanía de Galicia teñen como obxectivo principal recoñecer e visibilizar o traballo do sector artesán galego. Estes galardóns contribúen a divulgar os oficios artesanais, potenciar a creatividade dos profesionais, incentivar os novos talentos en Artesanía de Galicia, promover a remuda xeracional e apostar pola introdución da innovación e do deseño nos procesos de produción.O Premio Artesanía de Galicia 2024, dotado con 9.000 euros, está dirixido a obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Premiarase a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual como son o deseño, a adaptación ou a conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da nosa artesanía, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación e a boa calidade da obra. Poderanse presentar a esta categoría todos os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.O Premio Traxectoria 2024, de carácter honorífico, será outorgado a proposta do propio sector artesanal. O obxectivo é recoñecer a traxectoria profesional consolidada dun profesional da artesanía galega, a súa contribución á posta en valor e á promoción da nosa artesanía, a calidade do seu traballo así coma o seu compromiso coa divulgación e coa transmisión pedagóxica dos principais valores positivos no eido da nosa artesanía. O galardón está dirixido a artesáns en activo ou retirados que estean ou estiveran inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de 20 anos. As candidaturas poderanas presentar obradoiros rexistrados, asociacións profesionais de artesáns de Galicia ou outras entidades públicas ou privadas.Os Premios Artesanía de Galicia fan especial fincapé na incorporación dos artesáns máis novos a través do apoio á súa formación especializada coa categoría Bolsas Eloy Gesto, que poderán premiar ata tres candidaturas e estarán dotadas de 4.000 euros cada unha para investir nun centro de formación de prestixio.Nesta categoría, a Xunta busca potenciar o relevo xeracional no sector, o acceso de novos talentos á artesanía e a súa profesionalización. Premiaranse a candidaturas que presenten unha proposta para a súa formación nun centro formativo ou nun obradoiro artesanal de referencia no eido da artesanía e do deseño.Valorarase o carácter innovador dos proxectos, a transferencia de coñecemento que se pretende acadar con esa formación, a incorporación das novas tecnoloxías, o currículo das persoas candidatas e a potencialidade de incorporación desta formación para a elaboración dun produto artesanal innovador. Tamén se terá en conta o grao de madurez, a calidade na presentación das propostas, así como a colaboración entre distintas actividades artesanais. Nesta categoría poderán participar todas as persoas artesás cunha idade máxima de 45 anos en 2024.O Premio Artesanía de Galicia 2023 outorgóuselle ao obradoiro Frouma Atlantic Wood (Ribeira) pola súa obra
, un moble auxiliar elaborado con madeira recuperada das bateas galegas e con redes de pesca recicladas. O Premio Traxectoria 2023 foi para o oleiro de Gundivós (Sober, Lugo), falecido días despois da reunión do xurado, pola súa traxectoria como figura referente da olería tradicional galega e polo seu compromiso co mantemento e divulgación da olería tradicional de Gundivós. O ceramista Alberto Añón Corral, terceira xeración do obradoiro Alfarería Lista (Buño, Malpica de Bergantiños) recibiu a Bolsa Eloy Gesto 2023, que lle permitirá continuar coa súa formación profesional e empresarial co ceramista catalán José Mariscal.Ligazón ás bases dos premios Artesanía de Galicia no DOG:
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando