Xunta de Galicia

A Xunta defende un desenvolvemento do sector mineiro garantista, sustentable e respectuoso coa contorna

A Xunta defende un desenvolvemento do sector mineiro garantista, sustentable e respectuoso coa contorna

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Pon en valor a declaración como proxecto industrial estratéxico da iniciativa de Cobre San Rafael nos concellos de Touro e O Pino

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, defendeu hoxe no Pleno da Cámara galega un desenvolvemento do sector mineiro garantista, sustentable e respectuoso coa contorna natural. Fíxoo en resposta a unha pregunta oral sobre a declaración como proxecto industrial estratéxico da iniciativa de Cobre San Rafael nos concellos de Touro e O Pino.Lorenzana subliñou que este proxecto, que vai supoñer a creación de case 400 postos de traballo directos e propiciará a atracción de preto de 200M?, foi sometido aos informes do Consello Galego de Cámaras, dos concellos de Touro e do Pino, (da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade), da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, da Dirección Xeral de Urbanismo e do Igape. O cobre foi catalogado pola Unión Europea no ano 2023 como materia prima crítica polo incremento da demanda e as dificultades para aumentar a produción, tendo en conta que o 82% co que se traballa en Europa procede doutros países. A redución das importacións de cobre e o fomento do autoconsumo responsable é, polo tanto, outro dos beneficios que incorpora o proxecto, atendendo as directrices europeas e á Axenda de impulso da minería sostible 2030.A conselleira asegurou que a previsión é que o desenvolvemento deste proxecto mineiro exerza de elemento de ancoraxe da cadea de valor da industria, tendo en conta que o cobre é unha materia prima esencial para o desenvolvemento dos sectores estratéxicos, como as enerxías renovables, o transporte, a construción, etc. Ademais, agárdase que sirva para asentar traballo e poboación no rural, para reter e atraer talento, e para crear oportunidades de futuro para a mocidade da comarca. En total, xa son oito os proxectos industriais declarados como estratéxicos, que implican máis de 2.000M? en investimentos e máis de 4.000 empregos en Galicia. Uns proxectos que se incorporan no Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, dentro da nova política industrial galega, dirixida a impulsar e facilitar a implantación e ampliación de investimentos industriais en Galicia e reducir os seus prazos, tendo en conta a súa relevancia e o seu interese.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados