Xunta de Galicia

A Xunta destaca o papel de mostrar na comercialización e visibilización da marca Artesanía de Galicia

A Xunta destaca o papel de mostrar na comercialización e visibilización da marca Artesanía de Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na inaguración de Mostrart

Nesta 40 edición, que se celebra na Coruña ata o 25 de agosto, participan 54 obradoiros rexistrados en Artesanía de Galicia que amosarán o seu traballo en diferentes quendas e en horario de 11,00 a 14,00 e de 17,30 a 22,00 horas

Na programación de actividades vinculadas á feira inclúese “Oficios ao sol”, unha serie de obradoiros abertos para introducir os visitantes en oficios como a ourivería, o coiro, a elaboración de xoguetes, o pregado de papel, a bixutería ou a cerámica

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na inauguración da 40 edición de Mostrart, que se celebra nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña ata o domingo 25 de agosto. Durante a súa visita, Gabriel Alén destacou que se trata dunha das feiras de venda directa de artesanía de maior relevancia en Galicia, que contribúe de maneira significativa ao impulso da comercialización dos produtos da marca Artesanía de Galicia e da visibilización dos nosos oficios artesanais e da heteroxeneidade do sector.Nesta edición de Mostrart participan en diferentes quendas un total de 54 profesionais da marca Artesanía de Galicia, especializados en oficios coma o coiro, a xoiería, o encaixe, a elaboración de xoguetes, a cerámica, o tecido, a bixutería, a manipulación do papel, o calzado, o torneado de madeira, a decoración de teas, os arranxos florais, os instrumentos musicais, o oficio das colareiras e mais os complementos de moda.A feira, que está organizada pola Asociación Galega de Artesáns en acordo co Concello da Coruña, conta co apoio da Xunta e da Deputación da Coruña. O horario de apertura será de 11,00 a 14,00 e de 17,30 a 22,00 horas.Entre os participantes de Artesanía de Galicia desta 40 edición atópanse 27 obradoiros da provincia da Coruña, 8 de Lugo e 19 de Pontevedra. Da cidade da Coruña proceden os obradoiros A Feitura, Amodiño Arte Floral, Artefíos, Carla Alfaia, Chueco, El Taller muy secreto, Geli Fraga, Manolo Cremallera, Pasamarela e Paz Navas. Os obradoiros de Gondomar, Las flores de Greta, Liño e la e Zimzelatum; os de Lugo, Tres Caracoles e A Sariña Maquinando; Bruxarte e Santín Cuero, de Cambre; os obradoiros de Pontedeume Hana no Boshi e Artesanía Nia; os de Quiroga, Patapúm, Armaior e Enxógate; os talleres composteláns María Feijóo, Laura Triñanes e Sanín; e os de Vigo, Antolín Piel, Mario López, Sánchez Cano, Taller Cruz e Flecharte. O resto dos participantes son Ardentia (Bergondo), Cabuxa (Tui), Casperlota (Paderne), Chorima (O Porriño), Coiro tres pés (Pontevedra), Cunqueiro (Palas de Rei), Enbabia (Redondela), Encaixes Melania (Camariñas), Hiar Artesania (Salvaterra de Miño), Joyas de papel (Nigrán), Laia Zapateiros (Melide), Latexo (Oleiros), Liño de Galicia (Vimianzo), Marica da Berza (Abegondo), Mioco Deseños (Ordes), Montse Betanzos (O Grove), Otero Regal (Viveiro), Roberto Buchanan (Poio), Rosa Higuero (Cabanas), Silvereira (Ames), Uxía Castro (Mos), Ventanas al pasado (Ponteareas), Vidal Revilla (Cervo) e Xacarandá (Bueu).Na programación desta 40 edición de Mostrart, inclúese a iniciativa Oficios ao sol, que consiste nunha serie de obradoiros abertos e gratuítos que impartirán diferentes artesáns que participan na feira e que se celebrarán os luns e os martes, en horario de 11,00 a 14,00 e de 18,00 a 21,00 horas.O luns 29 de xullo terá lugar un obradoiro de coiro para maiores de 12 anos, a cargo de Tres Caracoles, mentres que o martes 30, celebrarase un taller de pregado de papel con Mioco Diseños, en quendas de tres horas, para maiores de 14 anos. O 5 de agosto, Carla Alfaia encargarase dun obradoiro de ourivería para maiores de 18 anos, e o martes 6, artesanía Silvent impartirá un de xoguetes para maiores de 5 anos. O 12 de agosto, está programado un obradoiro de bixutería con Artesania Nia, a partir dos 10 anos, e o martes 13, Víctor Ares dirixirá un taller de cerámica en quendas de tres horas, cun máximo de 6 persoas por quenda. Na última semana da feira está previsto un taller de Elaboración de papel, a cargo de Papeles para sentir, o luns 19 de agosto, para maiores de 5 anos, e o martes 20, un de cerería dirixido por Pecoreados artesanía, para nenos de entre 5 e 15 anos, en quendas de hora e media.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados