Xunta de Galicia

A Xunta destaca o valor da Aula Newton Galicia como impulsora das vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado galego

A Xunta destaca o valor da Aula Newton Galicia como impulsora das vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado galego

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, visitou hoxe as instalacións desta iniciativa de divulgación única en España, que está situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole

O 4 de setembro ábrese o prazo de inscrición nas actividades do curso 2024–2025 da Aula, que desde a súa posta en marcha en outubro de 2021 acolleu a 4.344 estudantes das catro provincias

A Xunta de Galicia pon en valor o importante papel da Aula Newton Galicia como impulsora das vocacións científico–tecnolóxicas entre o alumnado galego. Un total de 4.344 alumnos e alumnas de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional participaron nas actividades desta iniciativa de divulgación científica centrada no eido aeronáutico e aeroespacial desde que se puxo en marcha en outubro de 2021 no marco da Civil UAVs Initiative.A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Xunta de Galicia, Margarita Ardao, percorreu hoxe as instalacións da Aula Newton, que está situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, en San Cibrao das Viñas, Ourense.Na visita, Ardao destacou que a colaboración entre o Goberno galego, Boeing, a organización sen ánimo de lucro First Scandinavia e Tecnópole fixo posible a chegada a Galicia desta aula permanente Newton única en España e anunciou que o mércores, 4 de setembro, ábrese o prazo de inscrición na súa actividade para o período de outubro a xaneiro.Na Aula Newton ofrécese de xeito gratuíto formación en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas mediante dinámicas de grupo, de forma que o alumnado ten acceso a equipos que lles permiten reflexionar, explorar, debater e colaborar en materias STEM. Está aberta os xoves e os venres durante o curso escolar en horario de 10:30 a 13:30 e está dirixida a grupos de entre 24 e 32 alumnos e alumnas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria ata 2º de Bacharelato e de Formación Profesional.“Voamos con números: unha aventura aérea” é a denominación do módulo no que participan os estudantes, no cal reciben unha misión do Centro Integrado de Atención a Emerxencias da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), na que deben colaborar observando diversos puntos de Ourense e Pontevedra para axudar a establecer as prioridades dun rescate.Durante a actividade, o alumnado planifica os seus propios voos, realizando cálculos matemáticos con unidades, distancia, velocidade e tempo, e aprenden a manexar correctamente a navegación. Traballando en “tripulacións” deben cumprir a misión encomendada realizando un voo en simuladores avanzados.Nas actividades desenvolvidas no curso escolar 2023–2024 participaron na Aula Newton un total de 1.806 estudantes (906 mulleres e 900 homes) de 62 centros educativos de toda Galicia (22 de Ourense, 11 de Pontevedra, 21 de A Coruña e 8 de Lugo).De Ourense participaron nas actividades da Aula un total de 643 alumnos e alumnas chegados de centros de Castro Caldelas, Carballiño, Xinzo de Limia, Maceda, Maside, Viana do Bolo, O Pereiro de Aguiar e O Barco de Valdeorras; de Pontevedra, asistiron 602 estudantes procedentes de Vigo, A Cañiza, A Estrada, Pontevedra, Moaña, O Porriño, Nigrán, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tortoreos – As Neves, Redondela, Poio, Cuntis e Cangas; de A Coruña, un total de 339 estudantes das localidades de A Coruña, Ribeira, Melide, Ames, Muros, Frades, Brión e Baio (Zas); e de Lugo, 222 alumnos e alumnas de Quiroga, Lugo, Monforte de Lemos, Sarria e Xove.Este grande espazo de aprendizaxe permanente en ciencias, tecnoloxía e matemáticas inaugurouse no Parque Tecnolóxico de Galicia en outubro de 2021, xusto dous anos despois de que unha aula móbil Newton se estrease na cidade de Lugo por primeira vez en España.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados