Xunta de Galicia

A Xunta destina 400.000? para impulsar a constitución de 36 comunidades enerxéticas

A Xunta destina 400.000€ para impulsar a constitución de 36 comunidades enerxéticas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Permitirán avanzar na implantación das enerxías renovables e no fomento da eficiencia e aforro enerxéticos

Os apoios enmárcanse na convocatoria de axudas do Inega destinadas á planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas

A Xunta destinou 400.000? para impulsar a constitución de 36 comunidades enerxéticas repartidas por toda a xeografía galega que permitirán avanzar na implantación das enerxías renovables e no fomento da eficiencia e o aforro enerxéticos. Adicionalmente, na mesma convocatoria apoiase con 45.000 ? a planificación estratéxica de 5 comunidades enerxéticas xa constituídas.Os apoios enmárcanse na convocatoria de axudas para 2024 posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria –a través do Inega– destinadas á planificación de entidades locais e comunidades enerxéticas e que conta cun orzamento de 800.000 euros.A transición enerxética cara a un modelo descarbonizado e dixitalizado precisa dunha maior presenza de renovables no mix enerxético, así como unha maior aposta pola autosuficiencia e o aforro enerxético e nestes obxectivos, as administracións deben ofrecer á cidadanía as ferramentas necesarias, a través dunha tramitación rigorosa e da implantación de axudas, que faciliten a transición.A planificación enerxética de concellos busca que as entidades locais teñan un papel protagonista no proceso de transición, apoiando a contratación de servizos xurídicos ou técnicos precisos para a elaboración dun estudo estratéxico e a promoción da contratación centralizada.A intensidade da axuda depende do número de concellos que se agrupen na solicitude e vai do 30 ao 70%, cun 20% adicional se se trata de concellos de menos de 5.000 habitantes e/ou un 10% para concellos fusionados ou se son emprendedores. É dun máximo de 15.000 euros por concello e, no caso de entidades locais que representen a varios municipios, o máximo será de 150.000 euros. Nesta convocatoria a Xunta concedeu unha axuda total de 356.000 ? destinada a 10 proxectos que abranguen 39 concellos.En canto á planificación de comunidades enerxéticas, cóbrense os custos da contratación dos servizos de asistencia para definir as infraestruturas enerxéticas necesarias, así como a elaboración ou ampliación de estatutos, pois tamén se poden presentar solicitudes previas á constitución destes entes. Neste caso, a intensidade é do 80% cun máximo de 15.000 euros.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados