Xunta de Galicia

A Xunta destina 500.000? á mellora de 46 equipamentos culturais en toda Galicia

A Xunta destina 500.000€ á mellora de 46 equipamentos culturais en toda Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude resolve as axudas coas que colabora coa renovación de centros culturais, auditorios e bibliotecas, entre outros

As subvencións enmárcanse nos obxectivos do plan para modernizar as infraestruturas no que traballa o Goberno galego

Entre as accións que se sufragan inclúese a adquisición de equipamentos informáticos, a mellora de accesibilidade, a creación de novos espazos e a posta en funcionamento de novas instalacións

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de resolver as axudas para a mellora de equipamentos culturais que, nesta convocatoria, contribúen á mellora de 46 infraestruturas de toda Galicia. Trátase dunha medida que conta cun orzamento de 500.000? e que permite a renovación de bibliotecas, auditorios e centros culturais de 46 concellos.Así, tal e como se publica no

, as axudas incrementarán a calidade da oferta cultural de 19 bibliotecas e axencias de lectura, 15 centros culturais, seis auditorios, dous centros de interpretación patrimonial, dous escolas de música e un arquivo. Do total dos proxectos, 19 están na provincia da Coruña, 11 na de Lugo, 9 na de Pontevedra e 7 na de Ourense.Ademais, entre as accións que se sufragan inclúese a adquisición de equipamentos informáticos, a mellora de accesibilidade, a creación de novos espazos e a posta en funcionamento de novas instalacións culturais.Estas axudas enmárcanse no compromiso do Goberno galego por mellorar e impulsar o equipamento das unidades culturais galegas e garantir o acceso á cultura a todos os galegos en liña co futuro plan de modernización das infraestruturas culturais públicas de Galicia, a folla de ruta na que traballa a Xunta de Galicia para recoller os retos de futuro deses equipamentos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados