Xunta de Galicia

A Xunta destina preto de 200.000? para a mellora de tres viveiros industriais da provincia de Ourense

A Xunta destina preto de 200.000€ para a mellora de tres viveiros industriais da provincia de Ourense

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, visitou hoxe o viveiro empresarial de A Veiga, un dos beneficiarios desta liña de axudas da Administración galega

O Goberno autonómico achegou máis de 5M? desde 2016 para a posta en marcha destes equipamentos

Tres viveiros industriais ourensás poderán mellorar as súas instalacións grazas á liña de apoios convocada pola Consellería de Economía e Industria para a creación, reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas destes espazos en parques empresariais da Comunidade galega. Así o explicou hoxe o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, durante a visita ao viveiro de A Veiga (Ourense), un dos 3 beneficiarios na provincia da convocatoria deste ano, xunto co de Vilamarín e O Carballiño.Nesta liña, Vázquez lembrou que este ano a Xunta destinou 1,5M? a esta orde de axudas que, como novidade, incorporou a posibilidade de levar a cabo actuacións de dotación ou reforma de equipamentos e infraestruturas nos viveiros industriais que actualmente están en funcionamento. No caso de A Veiga, contará cunha achega de 75.000 ? para levar a cabo traballos de mellora, o mesmo importe que recibirá O Carballiño, mentres que no de Vilamarín serán algo máis de 43.000?. En total, estes tres municipios ourensás recibirán preto de 200.000?.O secretario xeral de Industria explicou que a convocatoria deste ano contemplaba outras novidades como a ampliación ata os 48 meses do período de acollemento dos negocios ou a posibilidade de incorporación doutras empresas non industriais que xustifiquen a súa relación dentro da cadea de valor dunha actividade industrial.As subvencións desta liña de axudas permiten achegar ata o 80% do investimento elixible, cun máximo de 240.000? no caso da creación de viveiros e de 75.000? para a realización de melloras ou dotación de equipamento e infraestruturas. Os beneficiarios poden recibir anticipos de ata un 25 % da axuda concedida. ­ Deste xeito, desde o ano 2016, a Xunta de Galicia leva destinados máis de 5M? para a posta en marcha deste recurso o que está a permitir que Galicia conte con 22 viveiros industriais.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados