Xunta de Galicia

A Xunta destina preto de 1,5 millóns de euros ao fomento da apicultura neste 2024 e prioriza a loita contra a vespa velutina

A Xunta destina preto de 1,5 millóns de euros ao fomento da apicultura neste 2024 e prioriza a loita contra a vespa velutina

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Consellería do Medio Rural publica a resolución destas axudas no Diario Oficial de Galicia, que benefician a máis de 2.200 explotacións

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no

(DOG) a

pola que se resolven as axudas destinadas ao fomento da apicultura galega. Nos últimos dez anos, a Xunta destinou máis de nove millóns de euros a esta cuestión e o orzamento da convocatoria actual ascende a preto de 1,5 millóns de euros, mediante os que se beneficiarán 2.200 explotacións.Destas achegas destaca especialmente a loita contra a vespa velutina, que pasou a ocupar o primeiro lugar na prioridade de reparto dos fondos. Ademais, estas axudas invístense tradicionalmente en persoal especializado, nos tratamentos contra o ácaro da varroase ou na alimentación. Respecto ao orzamento total, a maior porcentaxe neste 2024 destinouse á liña de alimentación e outras accións para revitalizar colmeas, con preto do 45% do total das axudas, mentres que o 32,5 % do importe foi para a loita contra a varroase, arredor do 15% destinouse á contratación de persoal e o 7,7% para a loita contra a velutina.Nos últimos dez anos, a Xunta destinou máis de nove millóns de euros ás axudas para a apicultura galega, segundo un informe da Consellería do Medio Rural do que tomou razón esta semana o Consello do Goberno autonómico. Nesta liña, destacan tamén os efectos positivos do apoio público na actividade apícola, que cada ano incrementa o número de explotacións e de colmeas beneficiarias. Así, tal como se destaca no documento, Galicia pasou de menos de 100.000 colmeas subvencionadas en 2015 a preto de 200.000 na actualidade, e o número de explotacións subvencionadas tamén se duplicou, pasando de pouco máis de mil a 2.200 hoxe en día.Os principais obxectivos destas axudas son o mantemento e o fomento desta actividade en Galicia, polos moitos beneficios que as abellas achegan dende o punto de vista ambiental e económico. O informe constata que esta finalidade se está cumprindo, consonte a esa evolución favorable do número de colmeas e de explotacións nos últimos anos, que converten a Galicia nunha das principais comunidades autónomas do sector.Ligazón á resolución no DOG:

.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados