Xunta de Galicia

A Xunta eloxia o "crecente e consolidado" atractivo turístico internacional do Festival de Ortigueira

A Xunta eloxia o “crecente e consolidado” atractivo turístico internacional do Festival de Ortigueira

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Xosé Merelles destacou a presenza de grupos de referencia do panorama celta, ademáis da axenda de actividades que se desenvolven de forma paralela ao festival

María Quintiana puxo en valor a instalación dunha Área de Igualdade con actividades de concienciación e sensibilización e un punto lila e arco iris para atender e asesorar ás persoas que o precisen

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a directora de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participaron hoxe xunto á delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, na presentación da nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira onde salientaron o seu “crecente e consolidado” atractivo turístico e cultural internacional e o evento máis multitudinario da música celta e folk de España, que na última edición contou cunha asistencia de 100.000 personas.Xosé Merelles quixo felicitar á organización do Festival de Ortigueira polos 21 concertos e os 22 pasarrúas que este ano encherán de vida a vila de Ortigueira ata o vindeiro domingo e salientou o apoio da Xunta de Galicia a esta festividade como unha das 15 festas de interese turístico internacional da Comunidade galega e fixo referencia á capacidade para atraer visitantes de distintas partes do mundo. Tamén subliñou a importante axenda de actividades que se desenvolven de forma paralela á cita internacional convertendo estes días Ortigueira no núcleo da cultura celta e a música folk en Galicia e España.Pola súa banda, María Quintiana destacou a aposta deste ano da organización pola programación de bandas femininas a nivel galego e internacional. Así, subliñou os tres grupos integramente conformados por mulleres, Scottish Fish, Kinnaris Quintet e Fillas de Cassandra.Neste sentido, puxo en valor a aposta da Xunta por instalar un Área de Igualdade e un punto lila e arco iris no Festival de Ortigueira, por ser un dos que ten unha maior afluencia no verán galego. Unha iniciativa, grazas á colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Turismo de Galicia, que ofrece actividades de concienciación e aprendizaxe, ademais de contar cunha parte privada para as persoas que precisen ter unha atención máis tranquila e confidencial. Ademais, este festival, grazas á colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, tamén disporá dunha plataforma para persoas con mobilidade reducida (PMR), co obxectivo de promover un ambiente seguro e accesible para todos os asistentes.Entre tanto, Xosé Merelles destacou o Festival na Rúa, onde os visitantes e veciños de Ortigueira poden gozar de música en directo da man de agrupacións de distinta índole chegadas desde Galicia, pero tamén desde Barcelona, O Bierzo, Asturias, Bretaña e Escocia. Estes pasarrúas culminarán o domingo co Desfile dás Nacións Celtas, “unha cita ineludible para entender e apreciar os distintos matices da música celta celebrando as súas raíces e tradicións”, apuntou.A isto hai que engadir os talleres que se impartirán no IES Ortigueira; o Laboratorio de Creación de Cantigas Novas; o Festival no Teatro, con concertos de pequeno formato; a charla ‘As Orixes da Cultura Celta en Galicia’, que será impartida polo lingüista, historiador e investigador Ramón Sainero, e a exposición das mellores propostas do Concurso de Carteis do Festival de Ortigueira 2024. Tamén, a Feira de Artesanía será outro dos focos deste Festival Internacional.Nesta edición, a organización da cita, que leva traballando meses no seu deseño e montaxe, quixo contar con grupos de referencia do panorama celta, prestando unha especial atención aos galegos e ás novas correntes do folk mundial.Así, este xoves o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira contará coa participación de Bagad Brieg, Picarós, Alana, Buíoch, Scottish Fish e Cúig. Mañá venres, continuarase coa música de Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Escola de Gaitas de Ortigueira, Kinnaris Quintet, Fillas de Cassandra, BackWest e Green Lads. O sábado, a música poraa Ailá, Capercaillie, Dervish, NoGood Boyo e Aroze, e o domingo, fin da cita, será a quenda da Asociación Cultural Donaire, Muro Kvartet, José Manuel Tejedor e Böj.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados