Xunta de Galicia

A Xunta financia obras de mellora na escola infantil pública autonómica de Salvaterra

A Xunta financia obras de mellora na escola infantil pública autonómica de Salvaterra

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Goberno galego inviste 3 millóns de euros para renovar as instalacións deste tipo de centros aproveitando as vacacións de verán

A Xunta de Galicia inviste máis de 45.000 euros para realizar obras de mellora na escola infantil pública autonómica de Salvaterra do Miño durante o verán. Con motivo destes traballos, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado da alcaldesa da localidade, Marta Valcárcel, visitaron esta mañá o centro.En concreto, renovaranse diferentes elementos do patio, substituíndo o pavimento e o peche de ocultación, ademais de mellorar os xogos dispoñibles e incorporar outros, como unha zona de areeiro. No edificio, mudaranse canles para evitar incidencias por infiltracións de auga e renovarase o acabado interior de paredes e carpintaría. Esta escola ampliouse en 2021 para aumentar a súa capacidade por riba dos 80 alumnos.O Goberno galego aproveita o actual período vacacional para realizar este tipo de obras de mellora en diferentes escolas infantís públicas autonómicas cun investimento total de 3 millóns de euros. Deste xeito, evítase interferir na actividade que se desenvolve durante o resto do ano e búscase que as instalacións destes centros estean postas a punto para o reinicio en setembro.O próximo curso será o terceiro no que a Xunta financiará integramente a etapa de 0 a 3 anos. O Goberno galego destina 60 millóns de euros á gratuidade das escolas infantís, tanto nas públicas ?municipais ou autonómicas?, como nas privadas e as de entidades sociais. Unha medida que beneficia a máis de 32.000 familias cun aforro anual medio de máis de 3.000 euros.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados