Xunta de Galicia

A Xunta fomenta a promoción de novos talentos de música clásica coa colaboración co Festival Groba

A Xunta fomenta a promoción de novos talentos de música clásica coa colaboración co Festival Groba

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Cultura asistirá á apertura do programa de actividades que se prolongará ata o 24 de agosto con concertos, obradoiros, conferencias, clases maxistrais, presentacións de discos e concursos de interpretación

Esta cita pon en valor o legado do mestre Rogelio Groba, ponteareán finado no 2022 e sinalado por ser un dos músicos e compositores máis distinguidos do século XX

A iniciativa atópase enmarcada nesta edición de ‘CulturON’, campaña do Goberno galego que ofrece este verán 30 propostas culturais diarias en máis de 200 concellos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo en valor a promoción de novos talentos da música clásica que está a fomentar o Goberno galego, a través da colaboración con certames como o Festival Groba. Precisamente, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude asistirá esta noite ao concerto inaugural da duodécima edición, a cargo da Orquestra de Cámara Galega.Anxo M. Lorenzo salientou o feito de que, ademais dunha ampla oferta de concertos desde hoxe e ata o 28 de agosto, este festival desenvolve un programa didáctico, que inclúe clases e ensaios con artistas do panorama nacional e internacional.O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude gabou o labor do festival por manter vivo o legado do mestre Rogelio Groba, finado no 2022, “ponteareán destacado pola súa traxectoria, converténdose nun dos compositores máis importantes do pasado século”.O director xeral de Cultura destacou que esta cita inscríbese dentro da grande oferta de actividades culturais en Galicia que promove o Goberno galego “e que leva, durante doce anos, convertendo a cidade de Ponteareas nun punto de encontro no que poder gozar da música clásica”. Finalmente, lembrou que este festival se atopa enmarcado dentro da campaña

, que enche de cultura os meses de estío de 200 concellos ofrecendo máis de 30 actividades diarias.O Festival Groba conta cun amplo catálogo de propostas. Entre elas, concertos, obradoiros, conferencias, clases maxistrais, presentación de discos ou concursos de interpretación. Ademais, no evento terán lugar varios concertos de cámara ás 21 horas dende o domingo ata o sábado.Nesta edición, contarase coa estrea de

, unha obra do ciclo étnico Galicia Anterga, que será interpretada pola Orquestra de Cámara Galega. A clausura desta edición correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia con dúas sinfonías:

e a

.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados