Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia adxudica as axudas ás galerías de arte para participar en feiras e mercados do sector

A Xunta de Galicia adxudica as axudas ás galerías de arte para participar en feiras e mercados do sector

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reforza esta liña de axudas ata 80.000? para favorecer á proxección exterior dos creadores galegos

As entidades apoiadas nesta convocatoria son a Galería Luisa Pita, Metro e Trinta, de Santiago de Compostela; a Galería Nordés e MoretArt, da Coruña, a Galería La Doce, de Boiro e a Galería PM8, de Vigo

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de publicar no

a resolución da convocatoria de axudas ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2024 cunha achega total de 80.000 euros, 30.000 máis que en 2023.Neste senso, o obxectivo das achegas, que van dende os 4.000? ata un máximo de 8.000? de axuda, é colaborar na proxección exterior dos artistas galegos e no apoio da dinamización comercial das galerías nas feiras e mercados de arte internacionais.A adxudicación colaborará con sete galerías galegas, a Galería Luisa Pita, Metro e Trinta de Santiago de Compostela, as Galerías Nordés e MoretArt da Coruña, a Galería La Doce de Boiro e a Galería PM8 de Vigo. Grazas a estas achegas estas entidades participarán nas feiras Miami Art, Art Madrid, Hybrid Art Fair Madrid, ArtBo Bogotá, Frieze London, Paris+ArtBasel, Pinta Miami e Drawing Room Lisboa.Nesta mesma liña de apoio a actividade que desenvolven, a Xunta tamén renova a súa colaboración con

, a asociación de galerías de arte que reúne as principais iniciativas galerísticas de arte contemporánea de Galicia, coa sinatura dun convenio por importe de 55.000 ?, incrementado en 10.000 ? a partida de 2023.Con este convenio, o Goberno galego procura seguir estimulando o traballo de difusión cultural das galerías asociadas, ao tempo que se colabora na realización do programa Aberto Galicia 2024, iniciativa prevista para setembro deste ano e na que as galerías asociadas participan conxuntamente para inaugurar a súa tempada expositiva.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados