Xunta de Galicia
A Xunta impulsa a divulgación do oficio da sombreirería no 'Festival Asnot' de Padrón
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na presentación deste evento que busca animar ao uso de sombreiros a través do humor e do enxeño
A Xunta patrocina un mercado de sombreirería este mércores 24 de xullo, a 1ª edición do concurso Chapeu Contest que busca reinterpretar un sombreiro tradicional galego e unhas xornadas profesionais de sombreirería que se celebran entre hoxe e mañá
A Xunta colabora por primeira vez na celebración do Festival Asnot de Padrón, un evento centrado na divulgación do sombreiro a partir da retranca, do humor e do enxeño. O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na presentación do evento que comeza hoxe cunhas xornadas profesionais e cuxa programación principal terá lugar este mércores 24 de xullo. Durante a presentación, Alén destacou o apoio do Goberno galego a este evento monográfico co obxectivo de que chegue a converterse en referente para os profesionais da sombreirería e dos complementos de moda de Galicia. A través da Fundación Artesanía de Galicia, patrocínanse diferentes partes do evento, entre as que destaca a primeira edición do Premio de Sombreirería de Asnot Chapeu Contest, dotado con 600 euros. Co lema “Re–visita con mirada presente”, este galardón pretende convidar a profesionais e afeccionados a reinterpretar un sombreiro vinculado ao traxe tradicional galego ?un sancosmeiro, unha monteira ou un pucho? co obxectivo de revalorizar estes sombreiros tradicionais e de traelos á actualidade. As pezas finalistas están expostas en diferentes establecementos comerciais do centro de Padrón, e os gañadores daranse a coñecer este mércores 24 de xullo. A Xunta colabora tamén coa segunda edición do Chapeu Market, un mercado de sombreirería que se celebra tamén o día 24, no Paseo do Espolón en horario de 11,00 a 21,30 horas. Esta iniciativa busca consolidarse como un punto de encontro profesional do sombreiro en Galicia e neste espazo está previsto que participen tres profesionais da marca Artesanía de Galicia: os sombreireiros Félix de Martín (Ourense) e Julia Vilariño (Pontedeume), e a cesteira María Isabel Liñares Recimil (Silleda), especializada en labores de palla. Outra das novidades da edición deste ano é a organización das Xornadas Profesionais de Sombreirería. Tradición e contemporaneidade, que se celebran entre hoxe e mañá na Casa Museo Rosalía de Castro. A entrada é de balde, previa inscrición. Entre os relatores atópanse o sombreireiro español con sede en Londres Rafa Peinador, a deseñadora galega Jana López, creadora da marca Maar Hats, o sombreireiro Félix de Martín –que tamén é o coordenador das xornadas– e a asociación cultural Trenzarte, de Mazaricos, especializada nas labores de palla e na elaboración dos tradicionais sombreiros sancosmeiros.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando