Xunta de Galicia

A Xunta impulsa en Tui un espazo de divulgación e promoción da construción artesanal de instrumentos musicais

A Xunta impulsa en Tui un espazo de divulgación e promoción da construción artesanal de instrumentos musicais

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá no Foro Profesional de Instrumentos Musicais Resonancias, promovido pola Xunta e que se celebra hoxe no marco do XVIII festival Música no Claustro

As principais novidades desta cuarta edición son unha mesa redonda denominada Encontro de encontros, na que se coñecerán diferentes eventos vinculados aos instrumentos musicais de interese, e un showroom de instrumentos musicais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á cuarta edición do Foro Profesional de Instrumentos Musicais Resonancias 24, impulsado pola Xunta e que se enmarca na programación do XVIII Festival Música no Clasutro de Tui. Como en anos anteriores, o foro está comisariado polo músico e investigador Samuel Diz e centrado na reflexión e difusión do tecido profesional artesán en diálogo con outras disciplinas anexas como a interpretación musical, as investigacións de musicoloxía ou iconografía e historia da arte, a xestión de coleccións en museos e outras profesións técnicas vinculadas ao sector.O obxectivo de Resonancias é achegar a profesionalización e a divulgación dos oficios artesanais nun diálogo co tecido artístico, impulsar a investigación e a innovación no ámbito dos instrumentos musicais e xerar un espazo de intercambio e coñecemento e de creación de sinerxías neste oficio. Entre as novidades desta cuarta edición, atópase unha mesa redonda participativa denominada E

, que abriu o Foro e na que se coñecerán feiras, encontros, xornadas ou festivais que xiran arredor dos instrumentos musicais, coa intención de mapear e afondar na realidade e proxección de cada evento para convivir no ecosistema cultural e propiciar sinerxías de futuro.Resonancias 24 rescata o estudo

, do hispanista británico J.B. Trend publicado na revista Music & Letters no ano 1924. Trátase dun artigo case descoñecido na actualidade, que podería constituír o xerme da difusión da música galega entre o público anglosaxón e que chega da man da visión académica de Eva Moreda, catedrática de Musicoloxía da Universidade de Glasgow.A partir das 13,30 h, Rosa Sánchez e Pablo Carpintero ? do obradoiro de Pablo Carpintero, inscrito en Artesanía de Galicia ? falarán sobre as gaitas de fol na provincia de Pontevedra. Despois do xantar terá lugar o

de instrumentos musicais, que constitúe outra das novidades desta cuarta edición e no que confluirán construtores de instrumentos e intérpretes. O foro Resonancias 24 pecharase ás 21,00 h co concerto

(1924) interpretado por Pedro Lamas, Germán Díaz e Antonio Romero Cienfuegos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados