Xunta de Galicia

A Xunta informa en Bueu e Cangas de que o prazo de solicitude das axudas para transformar as prazas de abastos en Mercados Excelentes remata o 19 de agosto

A Xunta informa en Bueu e Cangas de que o prazo de solicitude das axudas para transformar as prazas de abastos en Mercados Excelentes remata o 19 de agosto

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou as prazas de abastos de senllas localidades pontevedresas para dar a coñecer a convocatoria dotada con preto de 1,3 millóns de euros

Sinalou que o indicativo de Mercado Excelente pode ser solicitado por concellos, asociacións ou federacións de prazas de abastos e mercados, e outórgase en base ao cumprimento duns estándares de calidade

A orde promove, por un lado, actuacións dirixidas ao mantemento e mellora dos Mercados Excelentes existentes e, por outro, accións de mentoring, de formación ou obras de construción para que outros poidan acadar este selo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, vén de visitar as prazas de abastos de Bueu e Cangas para dar a coñecer a convocatoria de impulso aos Mercados Excelentes dotada cun orzamento de 1.280.000 euros. Alí, recordou que o próximo luns 19 de agosto remata o prazo para solicitar estas achegas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que buscan potenciar as prazas de abastos e mercados e transformalos en Mercados Excelentes, no marco da aposta da Xunta pola revitalización destes espazos comerciais como vertebradores do territorio e xeradores de riqueza e emprego.O indicativo pode ser solicitado por concellos, asociacións ou federacións de prazas de abastos e mercados e outórgase en base ao cumprimento duns estándares que están a ser redefinidos pola Xunta en coordinación co sector, para atender ás novas realidades e potencialidades destes espazos.Con estas axudas, búscase posibilitar actuacións que sirvan para fomentar a mellora deste tipo de instalacións, atender as necesidades de comerciantes e clientes, aproveitar a situación estratéxica dos mercados nas cidades e vilas e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego agroalimentario de calidade, ademais da súa capacidade de dinamización comercial e turística.Tamén se persegue vencellar as prazas de abastos a valores como a sustentabilidade, a protección do medio, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade, así como mellorar a súa accesibilidade, acadar a súa modernización e dixitalización e incrementar os servizos que prestan, favorecendo a coordinación cos centros comerciais abertos.No marco das axudas a concellos, hai achegas tanto para os que xa conten co selo, como para os que o queiran implantar. En concreto, para potenciar a Rede de Mercados Excelentes de Galicia, os municipios que xa conten con esa figura poderán recibir axudas para accións enfocadas ao mantemento e mellora deste estándar de calidade, ademais de, como novidade, desenvolver campañas de dinamización comercial cun investimento máximo de 10.000 euros e para o deseño da imaxe corporativa do mercado. Mentres, as prazas de abastos que non sexan aínda Mercado Excelente poderán sufragar accións de mentoring e de formación dos praceiros e praceiras, de consultoría especializada, de diagnose da situación e usos do mercado ou a elaboración da documentación necesaria para levar a cabo as actuacións destinadas a acadar o selo, entre outras actuacións.Nesta mesma liña, nas axudas a municipios hai dúas liñas máis de achegas, destinadas a adquisición de equipamento e eficiencia enerxética. Canto ás asociacións de prazas de abastos e mercados, financiaránselles actuacións de dinamización e revitalización no marco de proxectos de incentivación da demanda e do consumo ou mantemento dos marketplace, na mesma liña que no relativo ás federacións. Ligazón á orde no DOG:

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados