Xunta de Galicia
A Xunta inviste máis de 35,5 M? en preto de 90 obradoiros de emprego duais dos que se beneficiarán unhas 1.700 persoas sen traballo en toda Galicia
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
Solicitados por concellos ou outras entidades, concedéronse axudas para a realización de 27 obradoiros que combinan formación e traballo remunerado na provincia de Ourense, 22 na da Coruña, 20 na de Pontevedra e 17 na de Lugo
Tras os 86 obradoiros e as 1.686 persoas beneficiarias totais deste ano elévase a case 490,7 M? o convocado para este tipo de accións desde o ano 2009, acadando preto dun milleiro de talleres realizados con case 21.000 participantes
Entre os sectores aos que fan referencia as accións aprobadas, rexístranse en todas as provincias os relativos á atención sociosanitaria, aos distintos aspectos da construción, ao sector forestal ou de viveiros e xardíns e á limpeza
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de resolver a convocatoria deste ano de obradoiros de emprego duais concedendo por un importe superior aos 35,5 millóns de euros un total de 86 accións deste tipo coas que se prevé beneficiar 1.686 persoas sen traballo.Estes obradoiros ?que poden ser solicitados por concellos, mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes, así como por entidades sen ánimo de lucro do sector forestal– perseguen mellorar a empregabilidade dos participantes, ofrecéndolles unha formación teórico–práctica para o emprego de calidade. Ao tempo, suporán a mellora das dotacións públicas ou de uso público no ámbito local, así como a prestación de servizos de interese xeral e social que repercuten na mellora da calidade de vida e dos servizos para toda a sociedade.En concreto, concedéronse 27 obradoiros que combinan formación e traballo remunerado na provincia de Ourense, 22 na da Coruña, 20 na de Pontevedra e 17 na de Lugo, todos cunha vintena de participantes cada un. Entre os sectores aos que fan referencia as accións, rexístranse en todas as provincias os relativos á atención sociosanitaria, aos distintos aspectos da construción, ao sector forestal ou de viveiros e xardíns e á limpeza.A maiores, en Ourense tócase a industria agroalimentaria e a hostalaría, campo este último tamén presente en Pontevedra, onde se contemplan ademais obradoiros sobre extinción de incendios ou deseño multimedia. Así mesmo, abórdase na provincia pontevedresa a xestión de residuos, área presente tamén en Lugo, xunto co turismo, o tratamento de datos ou o control de pragas. Por último, na Coruña tamén contan con axuda para proporcionar formación e traballo remunerado no eido da comunicación web.Este tipo de programas poden ser promovidos polos concellos, mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes, así como por entidades sen ánimo de lucro do sector forestal. Na convocatoria de 2024–2025, ofrécense 9 meses de formación con contrato de traballo e coa posibilidade de inserción posterior en empresas da contorna.O alumnado, a maiores de formarse e realizar un traballo de interese público remunerado, pode obter un certificado de profesionalidade. Tamén se lles abre a posibilidade de traballar nunha empresa do ámbito das materias impartidas por un mínimo de tres meses unha vez completada a formación, grazas aos incentivos que ofrece a Xunta. A convocatoria pon o foco na formación forestal e nas iniciativas centradas na posta en valor das rutas do Camiño de Santiago ou nas áreas declaradas Reserva da Biosfera. Tamén obtiveron máis valoración as propostas de concellos fusionados ou emprendedores e de actividades relacionadas coas TIC e coa economía dixital, así como as relacionadas co tecido empresarial e coas posibilidades de inserción futura.Para acceder a estes obradoiros, priorizaranse as persoas con especiais dificultades de inserción: mulleres, vítimas de violencia de xénero, emigrantes retornadas, persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos, persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, entre outras. Terán preferencia tamén as persoas discapacitadas ou as beneficiarias do tramo de inserción da renda básica de Galicia, así como as que solicitaran este servizo a través da súa demanda de emprego e, dentro destas, aquelas que teñan prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción laboral.A Xunta de Galicia encargarase, no caso dos obradoiros duais de emprego, de financiar a formación profesional para o emprego (medios, materiais, contratación de persoal...), así como os custos salariais derivados dos contratos de traballo subscritos co alumnado.Cómpre engadir que desde o ano 2009 o Goberno autonómico leva convocado case 490,7 millóns de euros para este tipo de accións, acadando preto dun milleiro de obradoiros duais realizados con case 21.000 participantes en toda Galicia.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando