Xunta de Galicia

A Xunta inviste 3 M? en obras de mellora en escolas infantís durante o verán

A Xunta inviste 3 M€ en obras de mellora en escolas infantís durante o verán

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Goberno galego aproveita o período estival para realizar este tipo de traballos e interferir, así, o mínimo posible na actividade durante o curso

O curso que vén será o terceiro no que a atención entre os 0 e os 3 anos será gratuíta no 100% dos centros galegos, tanto públicos como privados

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica Antela. Alí aproveitou para facer balance dos 3 millóns de euros que inviste a Xunta de Galicia para realizar no verán reformas e obras de mellora nas escolas infantís que dependen do Goberno galego. Deste xeito, búscase interferir o menos posible na actividade que se realiza nestes centros durante o resto do ano e que a posta a punto estea lista antes de setembro.A conselleira aproveitou para lembrar que o curso que vén, 2024/2025, será o terceiro no que a Xunta ofrecerá a atención entre os 0 e os 3 anos completamente de balde no 100% das escolas infantís de Galicia, independentemente da súa titularidade: pública ?municipal ou autonómica?, privada ou de entidades sociais. O Goberno galego destina 60 millóns de euros nesta medida que ofrece conciliación gratuíta a máis de 32.000 familias, que lles supón un aforro anual medio de máis de 3.000?.No caso da escola infantil Antela, a Xunta vai investir 20.000 euros para reformar durante o verán os seus catro patios exteriores. Con esta actuación, completarase a reforma integral deste centro que, cun orzamento total de 700.000 euros, implicou melloras nos tellados, no illamento térmico, o mobiliario e outras obras no interior.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados